Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

06/02/20 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o requirimento que enviará de inmediato ao Goberno central para reclamar os 204,7 M€ que adebeda a Galicia en concepto de IVE

Feijóo incide en que Galicia segue a ser unha Comunidade solvente e lamenta que o Goberno, lonxe de incentivar o cumprimento das Comunidades Autónomas, o que fai é penalizar o cumprimento das Comunidades solventes

06/02/20 | 16:07 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Galicia pecha 2019 cumprindo un ano máis os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e pagou aos provedores na metade de tempo que a media autonómica

O presidente da Xunta destaca que o pasado ano será o primeiro en que non só baixe a ratio débeda/PIB, senón tamén o endebedamento absoluto

05/02/20 | 16:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta ten transferido máis de 3.600 millóns aos concellos galegos nos últimos once anos e aposta por seguir profundando na colaboración

Destaca a necesidade de avanzar no tema da auga e do abastecemento e recorda que a Xunta leva investidos máis de 1.300 millóns neste eido; unha achega sen a cal moitos concellos non poderían ter auga potable, saneamento nin depuradora

04/02/20 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia atenderá 65.000 persoas dependentes ao remate deste 2020

Para acadar este obxectivo apostarase polo Bono residencia, que xa axuda a 1.900 galegos a pagar unha praza nun centro da súa elección e, nas últimas semanas, reforzouse con medio millón de horas máis o Servizo de axuda no fogar

01/02/20 | 17:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo referenda en Uruguai o compromiso da Xunta cos galegos no exterior e salienta que os programas de atención social chegaron a máis de 30.000 galegos o ano pasado

Destaca que a Xunta destinou en 2019 un total de 4 millóns: para axudas directas a máis de 8.000 familias; e para a prestación de servizos sociais, a través da colaboración con entidades, chegando a máis de 21.000 galegos residentes no exterior

01/02/20 | 10:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a extensión do Carné Xove para os mozos da diáspora que poderán beneficiarse das súas vantaxes en Galicia, España e Europa

Precisa que poderán acceder a esta tarxeta os mozos de 12 a 30 anos con nacionalidade española, veciñanza civil galega e que residan fóra de Europa

31/01/20 | 21:35 | A Presidencia da Xunta

Feijóo valora o compromiso da Casa de Galicia en Montevideo para ofrecer máis e mellores recursos sanitarios a todos os galegos do Uruguai adaptados ás necesidades do momento

Agradece que a fraternidade e a solidariedade sigan a ser os piares destes centros, como se pon de manifesto a través dun sistema de mutuas que sigue estando vixente

31/01/20 | 19:24 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo ofrece ao presidente electo de Uruguai o saber facer das empresas galegas en sectores clave para o país como as renovables e as infraestruturas

Recorda que ambos territorios xa están a colaborar en sectores como o enerxético, no que o país uruguaio está a facer unha forte aposta polas enerxías eólica, a fotovoltaica e a biomasa