Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia tramita a adquisición de máis material de protección destinado a profesionais e doentes para facer fronte á pandemia do coronavirus
Feijóo precisa que con esta contratación a Xunta adquire máis de 7.230.000 de mascarillas cirúrxicas e máscaras respiratorias, máis de 600.000 batas de alta protección e preto de 22.000 botellas de solucións desinfectantes
Feijóo anuncia a incorporación de ata 358 profesionais sanitarios que se suman aos máis de 39.000 que ten o Sergas e novas medidas económicas para dotar de liquidez á Comunidade
Avanza tamén un reforzo en material con novas contratacións para adquirir máis mascarillas cirúrxicas, máis máscaras respiratorias, máis batas de alta protección, máis botellas de solución desinfectante “e todos os test que se poidan conseguir”
Galicia habilita dúas residencias integradas para a atención das persoas maiores usuarias deste servizo que dean positivo por coronavirus e precisen máis asistencia sanitaria
Feijóo avanza que para as provincias de Pontevedra e Ourense se habilita un centro novo, con 93 prazas, no concello de Baños de Molgas, e para as provincias da Coruña e Lugo habilítase a residencia de maiores Porta do Camiño, en Santiago, con 84 prazas
Feijóo traslada a preocupación ante a falta de material comprometido polo Goberno de España e afirma que a Xunta seguirá traballando a través do Sergas para dotar á comunidade do material sanitario que precisa
Precisa que o Sergas tiña encargados 8 millóns de mascarillas; “e tamén adquirimos 113 ventiladores para as UCI, 79 volumétricos e 34 non invasivos”
Feijóo destaca a aprobación no Consello da Xunta de novas medidas cuantificadas en 380 millóns, para loitar contra o virus e apoiar a quen máis o precisa no eido económico e social
Subliña un plan de 51,5 millóns de euros para investimento sanitario
O Centro de Coordinación Operativa habilita máis medios e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do virus
Feijóo destaca que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario