Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

24/04/20 | 17:29 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
23/04/20 | 13:32 | A Presidencia da Xunta

A Xunta realiza unha consulta ao tecido empresarial galego para fabricar novos produtos que axuden a previr e combater o COVID-19

O presidente do Goberno galego visitou hoxe en Silleda a empresa Arlit, que reorientou a súa actividade e vén de entregar ao Sergas máis de 30.000 pantallas protectoras faciais

21/04/20 | 16:50 | A Presidencia da Xunta

A Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central

Feijóo di que o número de contaxios, pacientes en UCI e hospitalizados constata que estamos nunha fase descendente e advirte que neste novo escenario a prevención é fundamental: “A volta á nova normalidade si, pero a relaxación social non”

19/04/20 | 18:22 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide ao Goberno central un proceso de desescalada seguro, gradual e coñecido no tempo que protexa ás familias e aos traballadores e dea un horizonte aos sectores económicos

Subliña a decisión da Xunta de anticiparse e apostar por unhas instrucións claras a toda a poboación no momento da reapertura, como o uso xeneralizado de mascarillas, para as que pide unha baixada do IVE

17/04/20 | 16:25 | A Presidencia da Xunta
16/04/20 | 14:01 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda en sanitarios en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e residencias

A nosa Comunidade leva realizadas case 54.000 probas para detectar o coronavirus desde o arranque da pandemia

15/04/20 | 16:57 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo constata que Galicia está a conter a pandemia e salienta que a Xunta recibiu xa 30.000 test de dobre banda que adquiriu para detectar os positivos activos e os inmunizados

Avanza a realización dun estudo epidemiolóxico nunha porcentaxe considerable da poboación galega para ter estimacións fiables e afrontar as vindeiras semanas

13/04/20 | 20:23 | A Presidencia da Xunta

Feijóo mantén un encontro cos galegos do exterior a través de videoconferencia para seguir a súa situación durante a pandemia do coronavirus

O titular do Executivo galego estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e, desde Bos Aires, o delegado da Xunta na Arxentina e O Uruguai, Alejandro López Dobarro