Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

17/05/20 | 17:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide ao Goberno un criterio común en materia de educación e servizos sociais e que se pechen este mesmo mes os criterios para o reparto do fondo de 16.000 millóns

Traslada a petición de que na saída dos nenos se reconsidere a indicación de que só poden ir acompañados por un dos seus pais

15/05/20 | 17:48 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina unha achega de máis de 9 M€ para a adquisición de novo material e subministración de servizos para protexer a doentes e profesionais sanitarios do COVID-19

O presidente da Xunta avanzou tamén un investimento de máis de 4 millóns de euros para a adquisición de 740.000 doses da vacina antigripal, o que supón 125.000 doses máis que as adquiridas o pasado ano

15/05/20 | 17:47 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o protocolo de reactivación dos centros de maiores e de discapacidade para unha reapertura gradual e flexible

Afirma que a reactivación constará de tres etapas de 15 días de duración cada unha– agás nos centros con menos de 60 prazas nos que cada etapa durará 10 días–

14/05/20 | 19:27 | A Presidencia da Xunta

Feijóo escoita a opinión dos representantes dos partidos sobre a convocatoria electoral tras coñecer os informes sanitarios e xurídicos

O presidente da Xunta tomará unha decisión tras ter escoitado aos partidos e tendo en conta os informes dos expertos sobre a evolución previsible da pandemia

13/05/20 | 18:49 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

O Comité de Expertos Económicos aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na reunión celebrada esta tarde, na que se subliñou a necesidade de reforzar a solvencia e o crecemento do tecido empresarial

13/05/20 | 17:10 | A Presidencia da Xunta

Feijóo convoca aos partidos políticos para abordar a convocatoria electoral tras coñecer os informes que sitúan o principio do verán como o momento máis seguro

“Acabo de remitir estes informes aos partidos políticos para que poidan avalialos e convócoos a unha reunión mañá para escoitar a súas opinións e reflexións”, avanza

12/05/20 | 20:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo constata o labor fundamental dos profesionais do mar no abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía durante a crise do coronavirus

Os profesionais do sector fixeron un importante esforzo para manter o nivel de actividade coa estrita aplicación das medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias ante a alerta da COVID-19

12/05/20 | 12:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta facilita o acceso dos taxistas ás axudas por perda de actividade e apoia a súa reactivación segura coa adquisición de mamparas de protección para todos os profesionais

A Xunta negociará o uso de servizos de taxi para o traslado de médicos e persoal sanitario que presten servizos de asistencia a domicilio

10/05/20 | 17:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada o desacordo cos criterios de reparto do fondo de 16.000 millóns de euros e incide en que se modifiquen para acadar un reparto equilibrado entre as comunidades

Reitera a súa discrepancia profunda de que dentro do criterio sanitario só se teña en conta o número de camas hospitalarias e de camas de UCI utilizadas