Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo salienta que a posta en marcha dos tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia permitirán a creación de case 1.700 empregos grazas a un investimento de 1.300 M€
Explica que o primeiro proxecto consistirá na implantación dun centro para o impulso da economía circular, a segunda iniciativa estará centrada na produción sostible de fibra forestal e o terceiro consistirá na instalación dunha planta de produción de hidróxeno verde por electrólisis
Galicia consolida a súa posición de liderado na eólica mariña cun novo encargo para a construción de jackets en Navantia Fene
Feijóo insiste en que o naval é un sector clave para a economía galega e traslada a súa preocupación polos próximos dous anos de Navantia Fene-Ferrol, un período no que a comarca non pode vivir sen pedidos
A Xunta aborda co comité de expertos económicos os tres primeiros proxectos tractores para reactivar a economía tras a pandemia a través da tecnoloxía, a biodiversidade e a economía circular e verde
“Presentamos tres proxectos tractores deseñados co comité de expertos: viables, con demanda e que teñen moito que ver coa Comunidade e co obxectivo de mobilizar investimento, innovación e emprego”, di o presidente da Xunta
A Xunta propón destinar parte dos fondos europeos para a industrialización e un préstamo participativo á modernización de Alcoa e garantir a súa produción durante as próximas décadas
Para levar a cabo este obxectivo, apela á vontade do Goberno central e incide na necesidade de que, nos próximos días, se publique no BOE a convocatoria da poxa de interrompebilidade para o segundo semestre
Galicia renova e reforza o apoio á frota pesqueira europea na defensa dos seus intereses ante a negociación de saída do Reino Unido da Unión Europea
O titular do Executivo galego volve a ser, ao igual que en 2017, o primeiro mandatario dunha rexión pesqueira europea en poñer a súa firma nun documento ao que se irán incorporando outros responsables de rexións e cidades europeas con intereses no eido pesqueiro
Feijóo destaca que a pandemia puxo a proba a España das autonomías e demostrouse que lonxe de ser o talón de Aquiles son o punto forte do Estado
Traslada o desexo de que o que deu en chamarse nova normalidade dea paso igualmente a unha nova normalidade política que se inspire nos valores que se achegan desde algunhas autonomías
Feijóo reitera a necesidade de contar cun plan de rebrote nacional e avoga por axustar a lexislación sanitaria para regular a mobilidade
Reitera a petición de que se elimine a taxa de reposición en Sanidade e Servizos Sociais, ademais da redución do IVE para o turismo ao 4%, ou a redución do IVE para as mascarillas