Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

24/09/20 | 17:52 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo pon en valor o sector agroalimentario galego, clave para entender Galicia: "Para o que é e para o que queremos seguir sendo"

Asevera que hoxe a Comunidade conta cunha industria agroalimentaria composta de empresas que queren seguir diversificando e apostando pola calidade, pola innovación e pola apertura cara a novos mercados

24/09/20 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta reforza a actividade educativa cun plan de educación non presencial e semipresencial que permitirá aos alumnos contar con 55.000 dispositivos dixitais

“Estamos a falar dun plan para afrontar coas máximas garantías o curso e estar preparados para calquera situación que obrigue a suspender a educación presencial”, subliña

24/09/20 | 15:36 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a Conta Xeral da Comunidade ratifica que Galicia cumpriu no exercicio 2019 os obxectivos de déficit e débeda pública establecidos no seu orzamento

Destaca que Galicia é a Administración autonómica que pagou en 2019 con máis axilidade aos provedores, cun período medio de pago de 19 días fronte aos 37,4 da media das CCAA

24/09/20 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta dá un paso máis no calendario lexislativo coa aprobación de tres novas leis en materia de acción exterior, residuos e museos

Feijóo sinala que a Lei de acción exterior persigue a diversificación dos mercados exteriores e favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes

23/09/20 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Xunta, empresarios e sindicatos referendan un pacto para intensificar o diálogo social centrado na competitividade e no emprego

“Seguiremos poñendo en marcha as medidas previstas no diálogo social, buscaremos novas medidas para reactivar a economía, buscaremos lexislacións axeitadas para ter uns sectores produtivos máis competitivos e reforzaremos as mesas de traballo”, abunda o presidente da Xunta

22/09/20 | 16:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo e o alcalde de Santiago avogan por reformular o Xacobeo 2021 e pedir que se prorrogue ata xullo de 2022

No eido sociosanitario, o presidente da Xunta destaca a ampliación do CHUS, cuxo proxecto está en fase de redacción, e a construción da nova residencia de maiores, con 120 novas prazas

21/09/20 | 15:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reitera o compromiso da Xunta co sector vitivinícola galego e destaca a calidade da uva colleitada nesta vendima

Subliña que as cifras deste ano reflicten, novamente, a rendibilidade dun sector que demostra que o rural galego ten futuro e potencial para albergar empresas, con máis de 13.000 viticultores e 450 adegas

21/09/20 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a experiencia dos delegados vai ser útil no seu labor de enlace entre a Xunta e a cidadanía

Incide en que serán “os teléfonos de atención ao cidadán” da Administración autonómica en todo o territorio