Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

01/10/20 | 14:46 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta fará un novo cribado a todo o persoal dos centros sanitarios e porá en marcha o Covid-auto escola para realizar PCR á comunidade educativa

Feijóo incide en que “seguimos a apostar pola detección precoz, é a nosa tese desde fai meses: tests, tests e máis tests”

30/09/20 | 15:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por incrementar a dixitalización e a I+D+i para impulsar os sectores tradicionais e aproveitar o potencial de crecemento

Destaca o proxecto de investigación que Estrella Galicia está a desenvolver a través do programa Fábrica intelixente, e en colaboración con Anfaco-Cecopesca, para a obtención dunha bebida fermentada de cereais con capacidade antiinflamatoria

29/09/20 | 21:31 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que os programas de axuda postos en marcha no marco do Plan de reactivación achéganse xa aos 270 millóns con máis de 30.000 solicitudes

Asevera que para reactivar a economía a Xunta seguirá traballando para mandar unha mensaxe de estabilidade e de confianza, “para seguir creando emprego, para seguir creando empresas e para outorgar confianza aos investidores”

29/09/20 | 14:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
29/09/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca os novos retos da Policía Autonómica ante a pandemia e incide na necesidade de que o Goberno central complete o seu cadro de persoal que non chega ao 80%

Destaca o papel que a Unidade Adscrita está a desenvolver na pandemia para garantir o cumprimento das normas adoptadas polas autoridades sanitarias, como aforos, uso de máscaras, prevención do botellón ou horario de peches dos locais

25/09/20 | 20:36 | A Presidencia da Xunta

Feijóo di que os galegos do futuro terán na obra de Siro unha guía fiel para entender á Galicia que esperta á democracia e o autogoberno

Destaca ao galardoado, Siro López, como un dos grandes cronistas de toda unha época “co lapis, coa tecla e coa voz”

25/09/20 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo apela ao papel motriz das universidades galegas, acompañado dun Plan de financiamento 2022/2026 que fixará os obxectivos básicos en docencia, investigación e transferencia de coñecemento

Subliña que a colaboración permitiu anticipar medidas que fan posible que o curso se inicie con garantías; e confirma que a Xunta transferirá 3 millóns para facer fronte aos gastos extraordinarios deste inicio de curso

25/09/20 | 12:23 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Área Sanitaria de Vigo estrea o novo laboratorio de microbioloxía para o sistema 'pooling' de cribado da covid-19

Esta semana remataron as obras de ampliación da estrutura, co obxecto de integrar nunha mesma sala todo o equipamento robótico