Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda destaca os valores das agrupacións de Protección Civil para que Galicia siga avanzando como sociedade moderna e solidaria
“É moi gratificante ver que cada vez que se convoca a Protección Civil, cada vez que fai falta, aí estades”, dixo no acto que tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp)
O Goberno galego anima os municipios do Camiño a sumar sinerxías para repetir na década xacobea os éxitos dun Ano Santo espectacular
Rueda subliña a importancia que ten o Camiño para os lugares polos que pasa e o interese de que siga medrando con toda súa potencia de crecemento pero mantendo a esencia
Rueda destaca o apoio da Xunta a través do solo industrial para que Estrella Galicia constrúa unha das fábricas de cervexa máis grandes de Europa en Arteixo
Anuncia que as obras da terceira fase do parque empresarial de Morás se licitarán o vindeiro luns por 4,8 M€
Rueda asegura que Galicia conta co ecosistema innovador, o talento e a vontade para acoller a sede da AESIA en España
Subliña que a Comunidade conta co apoio de máis de 70 organismos e empresas e cun rico sistema de innovación tecnolóxica no que prestan servizos máis de 50 firmas, o 80% delas, galegas
A Xunta pacta cos sindicatos un novo acordo para desenvolver a carreira administrativa dos empregados públicos
Resalta que o obxectivo é “impulsar a motivación e a formación continua” dos traballadores a través de complementos que se irán aplicando a medida que progresen na súa carreira
A Xunta aproba a suba adicional do 1,5 % das retribucións dos empregados públicos autonómicos para compensar os efectos da inflación
Rueda explicou que este incremento aplicarase “con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2022” e calcularase sobre as retribucións vixentes en 31 de decembro de 2021
Rueda demándalle por carta a Sánchez que o Cumio Ibérico priorice as infraestruturas que conectan Galicia e o Norte de Portugal, como o AVE Vigo-Porto
Anuncia que esta petición de prioridades se lle fará chegar “inmediatamente e por escrito” para que chegue a tempo antes de que se celebre a XXXIII Cimeira Ibérica, na que lamenta que o Goberno central "non atopase o xeito" de que participase Galicia, "unha comunidade cunha relación tan estreita con Portugal”
Rueda subliña que os concellos xa poden solicitar as axudas para implantar unidades de atención temperá para conseguir chegar aos 3.000 nenos atendidos
Salienta o reforzo do servizo grazas a que a Xunta consignou o orzamento máis alto da historia no eido da discapacidade con 165 M€ para 2023