Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

03/12/20 | 15:41 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental

Feijóo asevera que queremos planificar a vindeira década desde o punto de vista da intelixencia artificial, da ciberseguridade, da xestión masiva de datos ou a consolidación do 5G

03/12/20 | 15:38 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a posta en marcha de equipos de intervención rápida para actuar coa máxima celeridade e atallar o avance do virus nunha residencia intervida

Explica que haberá un equipo por cada provincia, que estará conformado por un mínimo de 10 auxiliares de enfermería

02/12/20 | 13:37 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia unha suavización das restricións e pide prudencia para que os reencontros que poden empezar a producirse sexan responsables

Incide en que os pasos adiante que se dan nas distintas zonas non se interpreten como un síntoma de relaxación: “Non hai razón para confiarnos, porque segue habendo contaxios e porque canto máis nos abrimos máis risco hai. E por iso pido máis responsabilidade que nunca”

30/11/20 | 18:45 | A Presidencia da Xunta

A Xunta, o Eixo Atlántico e o Consello Económico e Social crearán unha comisión executiva para seguir demandando investimentos no Corredor Atlántico do Noroeste

Convidarase a participar á FEGAMP para seguir sumando vontades e reforzar a alianza de éxito forxada con Asturias e Castela e León

30/11/20 | 14:09 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia aspira a mobilizar máis de 1.200 millóns de euros en cinco proxectos para impulsar o sector forestal

Feijóo salienta que o proxecto para construír a primeira fábrica de viscosa en Galicia, cun investimento de 950 M€, permitiría a contratación de máis de 1.000 persoas