Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

15/12/20 | 22:30 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Os concellos de Ribeira, Bueu e Baiona pasan ao nivel máximo de restricións e Santiago pasa ao nivel medio e queda pechado perimetralmente

Ademais, os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto de restricións

14/12/20 | 13:12 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o inicio de lexislatura máis intenso de todos, cun Goberno centrado na pandemia pero tamén na Galicia do futuro: familiar, moza, verde e innovadora

“A Galicia que pensamos para a vindeira década segue a ser a mesma que antes da covid”, di, lembrando que nestes 100 días conseguiuse presentar 12 novas leis, entre as que se inclúen os maiores Orzamentos da historia

12/12/20 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
11/12/20 | 21:00 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anima á Autoridade Portuaria de Vigo a seguir apostando pola cidade, pola automoción, polo incremento do tráfico de materiais metalúrxicos e pola pesca

Afirma que para acadar estes obxectivos a institución portuaria contará coa colaboración activa do Executivo autonómico

11/12/20 | 18:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca os novos retos da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa para seguir facendo un porto máis operativo e eficiente

Para acadar estes obxectivos asevera que esta institución portuaria seguirá contando coa colaboración activa da Xunta

11/12/20 | 14:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á finalización das obras do tren a Caneliñas como un dos retos clave da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Asevera que a Xunta está moi pendente de Alcoa, á espera de coñecer a resolución do TSXG sobre a impugnación do ERE e recorda que se as portas do diálogo seguen pechadas, non haberá outra posibilidade que a intervención por parte das autoridades do Estado.

11/12/20 | 13:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a unión por ferrocarril do Porto Exterior como un "desafío inaprazable"

Sobre a situación financeira da Autoridade Portuaria, subliña que, do mesmo xeito que o Goberno, a Xunta e o Concello chegaron a acordo en 2004, temos a obriga de volver a retomar eses acordos e selalos de novo para evitar a quebra

11/12/20 | 12:45 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o carácter estratéxico do Corredor Atlántico e a conexión de Galicia con Portugal para a Eurorrexión

“Sería un grave erro para Galicia non incorporarse a un corredor ferroviario que posibilitaría seguir traballando en produtividade, en competitividade da nosa economía e tamén coa zona norte de Portugal”, subliña

10/12/20 | 21:12 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que Galicia optou por construír o seu modelo para loitar contra a pandemia, baseado na unidade e a cooperación

Salienta que a estabilidade política da Comunidade é propicia precisamente para afrontar os momentos de inestabilidade

09/12/20 | 20:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo aposta por "restituír a esencia de Meirás" e convertelo nun Faro da Igualdade sen esquecer a etapa franquista

Salienta que a Xunta está traballando nun plan de usos do Pazo con dúas vertentes: potenciar a importancia da muller na creación intelectual e aproveitar o legado de Emilia Pardo Bazán como unha das pioneiras do feminismo en España