Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

29/12/20 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a Xunta chegará esta semana a pagar xa o 70% das solicitudes de axudas dedicadas á hostalería, a microempresas e aos autónomos

“O prazo de presentación de axudas aínda finalizou onte. Nunca unha orde se pagou de forma máis rápida que esta”, subliña

29/12/20 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

As Directrices da Paisaxe entrarán en vigor no primeiro trimestre de 2021 para protexer os valores paisaxísticos de Galicia

Feijóo subliña que deberán integrarse en calquera plan, programa ou proxecto que se leve a cabo na comunidade autónoma

29/12/20 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego aproba a prórroga da Tarxeta Básica ata o 30 de xuño de 2021 para seguir axudando ás persoas que máis o necesitan

Feijóo destaca, por outra banda, o incremento nun 50% dos fondos que se destinan nestes momentos á Rede Galega de Atención Temperá

29/12/20 | 15:12 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a contratación por máis de 7 millóns de euros da nova ampliación de Ifevi en 5.000 metros cadrados

“Desde que chegamos ao Goberno, levamos investidos no Ifevi case 16 millóns de euros en sucesivas ampliacións”, di, subliñando a importancia deste complexo para a celebración de eventos de referencia internacional como Conxemar, Navalia ou Mindtech

28/12/20 | 17:06 | A Presidencia da Xunta

Galicia pide ao Goberno central ter presenza nas futuras negociacións tanto en Europa como co Reino Unido sobre o brexit para defender os intereses da súa frota

Feijóo lamenta que a Comunidade aínda non recibise información oficial por parte do Estado sobre o acordo, así como que se confirmasen os temores de que a pesca fose entregada como moeda de cambio na negociación

28/12/20 | 15:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo apela ao novo Plan de investimentos conxuntos 2021-2027 para relanzar unha Eurorrexión máis competitiva, máis ecolóxica, máis social e máis cohesionada tras a pandemia

Traslada a importancia de que este plan se aprobe no vindeiro plenario da Comunidade de Traballo, no que se levará a cabo o traspaso de poderes da presidencia rotatoria, que pasará á CCDR-N

23/12/20 | 16:21 | A Presidencia da Xunta

Galicia advirte de que o recorte das cotas de pesca fixado en Bruxelas para 2021 terá un impacto de arredor de 26 M€ na economía da comunidade

Feijóo explica que a frota galega perde un 7,6% de cota en augas do Cantábrico-Noroeste con respecto ao ano 2020

23/12/20 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Galicia aproba a prórroga do orzamento para garantir o normal funcionamento dos servizos públicos e o pago a provedores, ata que entren en vigor as contas para 2021

Feijóo resalta tamén a aprobación, un ano máis, do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores de pensións non contributivas da Seguridade Social e doutras prestacións semellantes

23/12/20 | 16:06 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a licitación dos proxectos técnicos e da dirección das obras do novo CHUAC, un proxecto dotado con máis de 430 M€ que será o punto de inflexión na asistencia sanitaria da cidade e da contorna

“Terán un especial valor os proxectos construtivos que permitan ir poñendo en servizo o hospital por fases, e non esperar ao remate final da obras”, destaca