Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

15/01/21 | 14:06 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada ao ministro de Agricultura a necesidade de que os intereses atlánticos e cantábricos do sector se teñan en conta na política agraria europea e no reparto dos seus fondos

Asevera que Galicia plasmará todas estas prioridades nun documento baseado en criterios técnicos e elaborado xunto coas universidades galegas, co fin de trasladalo ao Goberno central

14/01/21 | 20:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
14/01/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o calendario lexislativo previsto para 2021, en virtude do cal se enviarán 10 leis ao Parlamento de Galicia

Destaca que este ano continuarán levándose a cabo importantes e novidosas reformas no eido lexislativo, relacionadas con contidos económicos, sociais ou administrativos

14/01/21 | 16:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

A Xunta xa abonou o 70% das axudas concedidas aos sectores e colectivos máis afectados pola covid-19 por valor de 150 M€

Feijóo detalla que xa se abonaron preto do 80% das solicitudes recibidas do Plan de rescate, das que arredor de 15.000 pertencen ao sector da hostalería

14/01/21 | 16:00 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia deseña xa a loxística para vacinar contra a covid-19 ao resto do persoal sanitario, a máis persoal sociosanitario, aos grandes dependentes e para administrar a segunda dose nas residencias

Feijóo explica que a partir do 10 ou 12 de febreiro vacinarase aos profesionais sanitarios que non están na primeira liña e ao persoal dos centros de día e do SAF, mentres a fase dos grandes dependentes comezará a partir de marzo

13/01/21 | 13:46 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide aos galegos máxima prevención e anuncia que toda Galicia estará desde o venres e, "probablemente, ata mediados de febreiro" nos dous niveis máis altos de protección

A nivel xeral, subliña que as reunións serán dun máximo de 4 persoas; o toque de queda adiántase ás 22 horas; a hostalería e restauración poderán abrir ata as 18 horas; e o horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas

12/01/21 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta