Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

12/02/21 | 13:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima aos concellos a conceder licenzas exprés para seguir atraendo investimentos á Comunidade

Salienta que a nova lei de reactivación económica terá como obxectivo fundamental a simplificación dos procesos administrativos para, garantindo a seguridade xurídica, mandar unha mensaxe de confianza aos inversores e de competitividade da nosa economía

11/02/21 | 16:29 | A Presidencia da Xunta

A Xunta dá un novo paso na recuperación da ETEA para a reurbanización e o acondicionamento dos terreos aos novos usos

Feijóo salienta que o investimento total previsto por parte da Xunta no ámbito do PS-1 ascende a 10 millóns de euros, que se veñen a sumar aos 7,7 millóns de euros xa investidos

11/02/21 | 16:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o proxecto da estación de autobuses da intermodal da Coruña cun investimento global de 27,4 M€

Feijóo salienta que así culmina a tramitación urbanística do proxecto, que levará aparellados 500 postos de traballo durante a súa execución material

11/02/21 | 16:21 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina 2,3 M€ para adquirir tomógrafos, ventiladores e equipos de radioloxía para loitar contra a covid nos hospitais públicos galegos

Feijóo sinala que se trata 31 ventiladores non invasivos, 16 equipos de radioloxía portátil e 7 tomógrafos de impedancia eléctrica

11/02/21 | 16:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aprobación do segundo Plan de rescate e avanza que un negocio que se beneficie da primeira e da segunda convocatoria poderá acadar axudas de ata 24.200 euros

Destaca que este segundo plan conta cun orzamento de 75 millóns de euros e está dirixido a persoas traballadoras autónomas, microempresas, hostalería e outras actividades pechadas desde xaneiro

08/02/21 | 15:11 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a posta en marcha dun plan de mellora da eficiencia e calidade dos servizos públicos para facilitar a iniciativa empresarial

Subliña que a nova estratexia terá como finalidade implantar uns servizos públicos acordes ao século XXI, impulsar un marco xurídico adaptado á nova realidade; e aplicar as tecnoloxías disruptivas que terán un maior impacto na economía

08/02/21 | 15:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta co porto da Coruña e demanda ao Goberno central a licitación da conexión ferroviaria a Punta Langosteira antes do mes de xuño

”Ou se licitan as obras antes do mes de xuño ou perderemos a competitividade do porto durante os próximos cinco anos”, asevera, incidindo en que a declaración de impacto ambiental da obra caduca no mes de xuño

05/02/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea

Dentro do plan director do Camiño, subliña que a Xunta destinou ata agora máis de 33 millóns de euros a albergues para, entre outras cousas, construír nove e levar a cabo melloras noutros dezaoito