Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

24/02/21 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a importancia de Ourense no legado cultural e intelectual da Xeración Nós, un dos colectivos "máis transcendentais" da Galicia contemporánea

Tras recibir 15.000 visitantes na Cidade da Cultura, salienta que ata o 18 de abril, os ourensáns poderán admirar esta mostra que se reparte entre o Centro cultural Marcos Varcárcel e a sala de exposicións Afundación

24/02/21 | 10:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”

“Galicia é rosaliana porque Rosalía fíxonos tomar conciencia da nosa terra, da importancia do noso pobo e da relevancia de ter unha cultura e unha fala de noso. A súa obra foi a semente do bosque vizoso que é a nosa lingua”, salienta

22/02/21 | 18:16 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia novos pasos en ámbitos da hostalería, a mobilidade e as reunións de non conviventes de cara a unha desescalada gradual, paulatina e baseada na evolución epidemiolóxica de cada territorio

Incide en que as medidas non serán homoxéneas en toda a Comunidade, “senón que haberá varios niveis que se irán aplicando segundo a situación pandémica e hospitalaria de cada ámbito xeográfico

18/02/21 | 22:29 | A Presidencia da Xunta

Feijóo traslada a Teresa Ribera a necesidade dunha transición enerxética e ambiental xusta e ordenada que garanta a continuidade de 15.000 empregos de sectores clave para Galicia

“Galicia é unha Comunidade que quere seguir sendo verde, unha comunidade aliada cunha transición enerxética xusta”, di, incidindo na oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation nesta materia, cunha candidatura que agrupa oito proxectos principais, co obxectivo de mobilizar inicialmente máis de 3.300 millóns de euros e crear 30.000 empregos entre directos e indirectos

17/02/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura "clave" para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión

Salienta que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría: reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan; e incrementar a actividade portuaria un 6%

15/02/21 | 16:08 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia mantense en máxima restrición para consolidar a melloría das últimas semanas e preparar unha apertura gradual e coa máxima seguridade

Feijóo avanza que o mércores 17 entrarán en vigor varias aperturas graduais, en eidos como o das residencias e centros de discapacidade, o comercio, o deporte ou a cultura