Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

08/03/21 | 12:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de 10 millóns de euros no programa Rexurbe para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol

Salienta que estes inmobles albergarán 38 vivendas protexidas en 4 locais comerciais no barrio de Ferrol Vello

05/03/21 | 12:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avalía as sete primeiras iniciativas vinculadas ao futuro da cadea agro-mar-industria que aspiran a captar 550 millóns dos fondos europeos Next Generation e a crear 1.000 novos empregos

Subliña a importancia de desenvolver proxectos que integren ás pemes para completar toda a cadea de valor, e que a maioría das propostas teñan a oportunidade de desenvolverse a través da colaboración con outras Comunidades Autónomas

04/03/21 | 15:25 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta avanza a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia

Destaca que se elimina a condición de ser menor de 35 anos para acceder ás axudas

04/03/21 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o primeiro Plan xeral de xestión e mellora dos servizos públicos do sector autonómico galego 2021-2023

Feijóo sinala que contará con 26 medidas prioritarias repartidas en 10 eixos, que se desenvolverán nos vindeiros 3 anos e serán aplicables tanto á Administración xeral da Xunta como ás entidades instrumentais autonómicas

04/03/21 | 15:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aprobación do Plan estratéxico para impulsar o valor ambiental e cultural da paisaxe, cunha mobilización de máis de 40 millóns de euros ata 2024

Salientou que se fixan cinco eixes fundamentais para continuar co traballo realizado ata o de agora para mellorar o estado das paisaxes galegas e incrementar o nivel de sensibilización da sociedade

03/03/21 | 14:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o impulso fundamental de Emilia Pardo Bazán na historia "inacabada" da igualdade real entre homes e mulleres

Destaca que, neste centenario, a Xunta desenvolverá unha completa programación de actividades para enxalzar a figura de Pardo Bazán e o seu papel de pensadora libre e creadora de primeiro nivel

03/03/21 | 12:59 | A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a Xunta seguirá facilitando o acceso ao solo industrial poñendo a disposición este ano 1,4 millóns de metros cadrados de superficie bonificada nos seus parques empresariais

Lembra que desde 2015 a Comunidade leva adxudicados un total de 2,1 millóns de metros cadrados cunha bonificación de preto de 65 millóns de euros

02/03/21 | 13:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avalía con Repsol as posibilidades que ofrecen os Fondos Next Generation

O presidente explicou polo miúdo o Polo para a Transformación de Galicia e recorda que está aberto á participación das empresas

01/03/21 | 18:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a ampliación do Museo do Pobo Galego permitirá ofrecer un cadro aínda máis completo de Galicia ao incluír un percorrido pola historia autonómica

Reitera o compromiso da Xunta con todas as dotacións e equipamentos culturais da Comunidade, reflectido na recente aprobación da Lei de Museos