Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

12/04/21 | 15:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese ao autogoberno galego como a historia dun éxito da España das autonomías cuxo protagonismo corresponde ao conxunto da sociedade galega

Destaca e agradece a presenza no acto do presidente do Tribunal Constitucional; “unha maneira excelente de subliñar que a Constitución e o Estatuto de Autonomía son expresións diferentes dunha mesma soberanía democrática”

09/04/21 | 17:52 | A Presidencia da Xunta

Feijóo e o ministro de Transportes fixan o principio do verán como data para empezar a aplicar as bonificacións nas peaxes da AP-9

O titular da Xunta incide na necesidade de avanzar na transferencia da autoestrada, a través da celebración dunha reunión da Comisión mixta, como xa se lle solicitou ao ministro de Política Territorial

08/04/21 | 20:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica o papel esencial da cultura na recuperación reflectido nos proxectos presentados aos fondos Next Generation que aspiran a captar 180 millóns

No tocante aos premiados asevera que con estes galardóns, a Comunidade premia “a outra Xeración Nós, plural igual que a primeira e integrada nas grandes correntes da cultura europea e mundial, igual que aqueles devanceiros”

08/04/21 | 15:47 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que este ano se ofertarán nas distintas OPE de Sanidade, Administración Xeral e Educación máis de 4.300 prazas

Destaca que no eido sanitario volverase a esgotar a taxa máxima de reposición autorizada polo Estado coa convocatoria de 1.215 prazas

08/04/21 | 15:43 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destinará preto de 44,3 M€ para mellorar as perspectivas de inserción laboral de 16.600 persoas desempregadas

Feijóo sinala que as convocatorias de axudas sairán publicadas este mes e que se considerará aos traballadores afectados por ERTE, suspensión de contrato ou redución de xornada como colectivo prioritario

07/04/21 | 13:43 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o aeronáutico como un sector estratéxico para a economía galega e sinala que aspira a captar fondos Next Generation para a consolidación do polo aeroespacial de Galicia

Salienta que se o Goberno inclúe esta iniciativa tractora dentro da candidatura estatal aos fondos europeos podería chegar a mobilizar, grazas á colaboración público-privada, máis de 500 millóns, co obxectivo de facilitar a implantación de investimentos industriais, centros de traballo e centros de I+D

06/04/21 | 15:11 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a capacidade do autogoberno para resolver problemas reais, unir ás persoas, tender pontes con outros pobos e facer da autonomía galega unha ferramenta de presente e de futuro

Salienta que nestes días de loita por superar a pandemia e as súas secuelas, unha vez máis, Galicia está a demostrar que é quen de afrontar o gran desafío e superalo coa unidade e a responsabilidade do seu pobo

05/04/21 | 13:51 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso coa sanidade do rural coa construción ou renovación na última década de 38 centros de saúde en concellos de menos de 5.000 habitantes

Garante a construción ou renovación nesta lexislatura de 39 centros de saúde na Comunidade, dos cales 9 xa están executados