Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

23/04/21 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a aposta da Xunta por un Ferrol con máis e mellores servizos a través de proxectos como a renovación do Hospital Público ou o Plan Rexurbe

Sostén que os galardoados cos premios Ártabros acreditan que Ferrol e a súa comarca contan con persoas e institucións dispostas a construír unha cidade mellor en todos os eidos: cultural, deportivo, económico e social

23/04/21 | 13:49 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza unha nova normativa para homoxeneizar e incrementar a eficiencia das unidades de mama do Sergas

Resalta o investimento de catro millóns no Meixoeiro para, xunto á reforma das unidades de oncoloxía radioterápica e medicina nuclear, ampliar a unidade de mama e integrar nun único servizo todos os recursos diagnósticos e terapéuticos da área de Vigo

22/04/21 | 16:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un investimento de 52 millóns de euros para mellorar a xestión dos biorresiduos

Salienta que a Xunta destinará gran parte deste orzamento á construción de tres novas plantas de biorresiduos nos concellos de Vilanova de Arousa, Cervo e Verín

22/04/21 | 15:34 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta somete a consulta pública a futura Lei de prevención das adiccións en menores de Galicia

Feijóo destaca que pretende introducir limitacións á venda, subministración, consumo e publicidade das principais substancias psicoactivas, así como recoller medidas específicas no caso das adiccións relacionadas co mal uso das tecnoloxías

22/04/21 | 15:31 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
20/04/21 | 16:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo cualifica de “erro” o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central á Lei de saúde e apela ao diálogo para avanzar nunha solución extraxudicial

Incide na necesidade de que se celebre unha Conferencia de presidentes para abordar o baleiro xurídico tralo remate do estado de alarma

20/04/21 | 11:29 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a candidatura galega aos fondos Next Generation inclúe 32 proxectos no eido da mobilidade e un investimento público-privado de 1.800 millóns

Lembra que Galicia leva traballando desde 2009 para mellorar a mobilidade, “e cos Next Generation temos unha boa oportunidade para dar un gran impulso a este compromiso”, di

19/04/21 | 15:15 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á descentralización española como un éxito sen parangón e destaca a prosperidade como un dos conceptos que caracterizan os 40 anos de autogoberno galego

“A autonomía nin é un corsé limitador das nosas capacidades nin é un conxunto de taifas incontroladas en gasto”, di, recordando que nos momentos difíciles, como a recesión de 2008 ou a pandemia, a autonomía de Galicia demostrou ser moi útil