Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

12/05/21 | 16:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Aprobado o decreto da oferta de 1.604 prazas na OPE de educación de 2021

Feijóo salienta que deste xeito o número de prazas convocadas pola Xunta elévase a 10.665 no eido educativo nos últimos cinco anos

12/05/21 | 16:21 | A Presidencia da Xunta

Galicia acelera a redución de emisións grazas á súa Estratexia de cambio climático, que executou xa máis de 317 millóns de euros durante o primeiro ano de vixencia

Feijóo destaca que Galicia está a reducir as emisións 32 puntos por enriba da media nacional e converxe máis coa senda da UE

12/05/21 | 16:21 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta adquire 7 novos sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci para todas as áreas sanitarias galegas

Feijóo explica que estes aparellos robóticos, que facilitan a destreza e capacidade cirúrxica laparoscópica, redundando en múltiples beneficios para os pacientes, os profesionais e os hospitais, poderían estar operativos en setembro

11/05/21 | 14:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a revitalización do Monte do Gozo como exemplo do compromiso de ofrecer un camiño para todos, máis inclusivo, máis accesible, máis sustentable, e sobre todo, un destino seguro

Lembra que en 2016 púxose en marcha o plan de revitalización ao que se destinaron 7,7 millóns para, entre outros aspectos: recuperar a zona residencial, reformar o edificio do cámping ou e rehabilitar o auditorio, incrementando a súa capacidade en 45.000 persoas

11/05/21 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Galicia avanza na universalización da súa lingua co proxecto Nós que empregará a intelixencia artificial para que os cidadáns poidan interactuar en galego no mundo dixital

“Aspiramos a lograr que os falantes poidan usar o galego con normalidade en todo tipo de dispositivos tales como: asistentes de voz, sistemas de recoñecemento da fala ou tradutores de alta calidade”, explica Feijóo

10/05/21 | 15:08 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avoga por que os Gobernos de España e Portugal prioricen dentro dos fondos europeos as conexións ferroviarias da fachada atlántica claves para a competitividade da Eurorrexión

Destaca a oportunidade que supón o Corredor Atlántico ferroviario para reforzar a capacidade loxística do córner do noroeste peninsular, coas conexións ferroviarias a Punta Langosteira e a Saída Sur de Vigo

07/05/21 | 16:05 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta
07/05/21 | 16:05 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta os oito eixos de actuación do Pacto de Estado por Ferrol proposto pola Xunta para resolver os problemas demográficos, económicos e laborais da comarca

Salienta que este documento servirá para ampliar, negociar, reflexionar e unir as distintas prioridades da Administración xeral do Estado, da Deputación da Coruña e dos concellos de Ferrolterra porque “neste momento debemos estar todos xuntos”

07/05/21 | 15:57 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en marcha a Estratexia galega de enfermidades raras que reducirá os prazos de diagnóstico e permitirá unha xestión máis eficaz e coordinada

Destaca que suporá unha mellora importante dos pacientes afectados por estas doenzas, que contarán cun novo modelo de atención que mellorará os tempos de diagnóstico e potenciará a súa detección precoz