Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca o impulso das obras do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, que avanzan de forma coordinada coa asistencia sanitaria da pandemia
Subliña que o Plan director contempla un investimento total de 131 millóns, que permitirán, nunha primeira fase, ampliar a superficie hospitalaria un 54%
Feijóo destaca o Polo Aeroespacial como sector clave para a recuperación, cunha folla de ruta baseada no desenvolvemento industrial, a transferencia de coñecemento e a creación de emprego
Explicou que é un dos proxectos principais da candidatura de Galicia aos fondos Next Generation, que podería chegar a mobilizar uns 540 M€ a través da colaboración público-privada
A Xunta lanza unha nova convocatoria do programa de axudas á formación e divulgación da industria forestal
Feijóo salienta que o obxectivo é incrementar a capacitación dos traballadores e dar a coñecer a importancia do sector
Feijóo sinala que Galicia “xa está preparada” para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade
Afirma que co Ano Santo, Galicia abre a porta ao viaxeiro e convértese no “mellor lugar do mundo”, con escenarios únicos que se atopan na súa costa e nun patrimonio “que queremos seguir proxectando ao mundo”, di, referíndose ao paraíso natural de Cíes-Illas Atlánticas, á Ribeira Sacra ou ao Ferrol da Ilustración
Feijóo garante o compromiso da Xunta co sector dos produtos pesqueiros, que xa superou a barreira dos 2.000 millóns de euros en exportacións
Precisa que en 2021 se destinarán 40 millóns de euros para investimentos en transformación e comercialización do sector
Feijóo garante o apoio da Xunta a Jealsa tralo incendio de parte das súas instalacións e salienta o labor desenvolvido polo operativo de extinción
Agradece o esforzo e o compromiso das máis de 60 persoas que interviñeron na loita contra o incendio