Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo recorda que "nos nosos estatutos de autonomía cabemos todos os galegos" e salienta que da man deles Galicia recuperou o orgullo de ser autonomista
Avoga por que o autonomismo se faga presente nos debates porque aporta, di, o mellor da nosa historia e é o camiño máis seguro para conciliar pareceres
Feijóo avanza o novo plan de familias numerosas que duplicará o seu financiamento superando os 62 millóns de euros
Destaca que esta iniciativa engloba un total de 48 medidas en cinco ámbitos distintos que se estenderan ata o ano 2023
Un total de 5260 establecementos galegos uníronse ao Bono Activa Comercio posto en marcha para fomentar as compras de proximidade
Destaca que 126.000 galegos xa descargaron o bono para realizar as súas compras
A Xunta pon en marcha o terceiro Plan de Rescate para autónomos e pemes sumando cerca de 560 millóns de euros en axudas directas en seis meses
Feijóo precisa que o importe deste terceiro plan ascende a máis de 234 millóns de euros, financiados polo Goberno central
Feijóo invita a camiñar a Galicia para desfrutar dun destino extraordinario e prepararse para bater o récord de 5 millóns de visitantes en 2022
Asevera que esta campaña é unha invitación a desfrutar tamén dun destino seguro e de calidade, que dá resposta ao turismo que demanda natureza e paisaxe; lecer e gastronomía; e atención, con 328 establecementos coa Q de calidade
A Xunta entrega á UVigo o edificio Redeiras, cuxa rehabilitación exemplifica o compromiso coa cidade, coa universidade e co Casco Vello
“Seguimos construíndo cidade”, di, lembrando que o Executivo galego conta con 82 inmobles no Casco Vello adquiridos para a súa recuperación
Feijóo destaca o compromiso de Galicia co deseño da Europa do s. XXI, a través dun Sistema Galego de Saúde centrado na humanización do servizo e no deseño dos espazos sanitarios máis amables e sostibles
O Servizo Galego de Saúde é un dos 14 socios españois admitidos pola Comisión Europea para este proxecto
Feijóo subliña que o compromiso de Portugal co AVE Vigo-Porto é un importante acicate para que o Goberno de España priorice unha infraestrutura estratéxica para ambos países
Sobre os fondos europeos Next Generation refírese ao proxecto relacionado coa automoción que ten presentado a candidatura galega, ademais de avaliar as sinerxías que neste eido poden desenvolver Galicia e o norte de Portugal
Feijóo aborda co presidente de Portugal a oportunidade que supón o Xacobeo 21-22 para reactivar o turismo e a economía de ambos os territorios
Agradece a decisión de Marcelo Rebelo de Sousa de facer unha etapa do Camiño como peregrino no mes de agosto: “Estamos máis que satisfeitos ante o compromiso do presidente da República e poder contar así cun peregrino especial”, di