Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1673 novas da A Presidencia da Xunta:

17/11/22 | 16:18 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que a Xunta xa ten mobilizados a práctica totalidade dos fondos europeos recibidos

Lembra que dos 1.285 M€ asignados a Galicia nos Next Generation, o Goberno central aínda non transfiriu “unha cuarta parte”

17/11/22 | 15:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

O Plan galego de aforro e eficiencia enerxética no sector público autonómico permitirá rebaixar a factura en 11 M€ ao ano

Asegura que as administracións teñen que “dar exemplo” na redución de consumo enerxético despois de pedir esforzos neste sentido as empresas e cidadáns

17/11/22 | 15:55 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia define as prioridades que o Goberno debe ter en conta na planificación eléctrica actual para garantir a viabilidade e competitividade de proxectos industriais clave para a economía galega

O presidente da Xunta resalta a importancia de contar cunha rede eléctrica que permita levar a cabo “proxectos estratéxicos e tractores” para Galicia

17/11/22 | 15:16 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanzálles aos representantes do taxi en Galicia unha nova orde de axudas dotada con medio millón para a adquisición de vehículos adaptados, de emisión cero ou eco

A Xunta leva concedidos desde 2016 máis de 4,5 M€ en axudas para incentivar a renovación da frota deste transporte esencial, facilitando a adquisición de taxis adaptados ás persoas con mobilidade reducida e diminuír as emisións, das que se beneficiaron 745 taxistas

16/11/22 | 14:43 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que os Orzamentos de 2023 duplican as axudas para eficiencia e aforro enerxético destinadas ás pemes e familias para apoialas fronte á actual crise económica

Resalta que as contas autonómicas reforzarán tamén a transformación empresarial con máis fondos e medidas como a Axenda Financeira, dotada de 140 M€ para apoiar a solvencia e liquidez do tecido empresarial

15/11/22 | 15:50 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que os Orzamentos de 2023 recollen unha aposta da Xunta polos servizos, o benestar e as oportunidades da provincia de Ourense

Resalta o impulso a proxectos clave como o Centro de Ciberseguridade da Tecnópole, o Parque Acuático de Pereiro de Aguiar, a recuperación da fortaleza de Monterrei ou a nova delegación da Xunta

15/11/22 | 14:15 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta destaca a mellora do CEIN de DXC Technology como proba da aposta de Galicia pola intelixencia artificial da man do talento e da iniciativa privada

Resalta que a consolidación e expansión do centro, que pasou en seis anos de 50 a 150 traballadores, demostra que a Comunidade é un referente no eido da tecnoloxía de vangarda e da analítica de datos

15/11/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Rueda demanda axilidade ao goberno na xestión dos fondos europeos para concretar proxectos fundamentais para Galicia chamados a xerar milleiros de postos de traballo

Asegura que estas axudas son unha “enorme oportunidade” que cómpre aproveitar para impulsar o crecemento e a modernización do tecido empresarial galego