Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste máis de 22 M€ na construción do Centro Galego de Protonterapia para situar a Galicia á vangarda no tratamento do cancro
Rueda subliña que o proxecto, cuxo prazo de execución é de 28 meses, acollerá un dos sistemas “máis avanzados” contra a enfermidade e permitirá atender a pacientes tanto de Galicia como de Asturias e Castela e León
Rueda avanza a autorización do convenio para desenvolver a estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento global de case 50 M€
Apela que as novas infraestruturas “veñan acompañadas dunha modernización das conexións ferroviarias con Lugo”
A fábrica de fibras téxtiles impulsada por Altri en Palas de Rei, declarada como proxecto industrial estratéxico para Galicia
Rueda sinala que se trata dunha iniciativa “única en toda Europa” que integra as plantas e polpa e lyocell e insta ao Goberno a aclarar se vai acceder a fondos europeos
Rueda resalta o éxito do programa ‘Xuntos polo Nadal’ que este ano permite que máis de 300 maiores pasen estas festas en compañía
Subliña que o obxectivo é que ningún maior pase só o Nadal sen desexalo
O Plan Estratéxico da Conserva 2022-2030 reforzará a calidade, o potencial exportador e a innovación dun sector crucial para a economía e o territorio
Rueda subliña que o obxectivo é que a industria conserveira galega siga a ser un sector “punteiro e referente” malia os retos e dificultades do contexto económico
Rueda recalca que oito de cada dez propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo xa recibiron as axudas para a reconstrución
Das 90 solicitudes recibidas polo Goberno galego, 70 quedarán abonadas esta semana por un valor conxunto de 4,5 M€
Rueda destaca que coa prolongación da AG-59 os tempos de viaxe entre os municipios de Santiago e A Estrada se reducirán a 10 minutos sen pagar peaxes
Salienta que as obras comezarán o vindeiro ano e contarán cun investimento conxunto de máis de 65 millóns de euros