Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

11/10/21 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe dezaoito ofertas para executar as obras de mellora da Residencia de Tempo Libre de Panxón

Os traballos, que se centrarán na substitución da cuberta e se adxudicarán antes do fin de 2021, contan cun prezo de licitación de mais de 270.000 euros e un prazo de execución de seis semanas

11/10/21 | 12:38 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social salienta a atención ás persoas con alzhéimer do centro de día público autonómico de Lugo

O Goberno galego ofrece 40 prazas nestas instalacións para maiores que sofren esta doenza ou outro tipo de demencia para axudarlles a retardar o seu avance e mellorar a súas capacidades e funcións cognitivas

10/10/21 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social abre a inscrición para o plan de formación dixital do voluntariado

A convocatoria ofrece 630 prazas distribuídas en seis cursos on-line nos que os voluntarios recibirán orientación específica en lingua de signos, igualdade e violencia de xénero, medio ambiente e educación

06/10/21 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social favorece a conexión entre mozos galegos e estranxeiros a través do proxecto de Iniciativa Xove Conecta Galicia 2021

Promove actividades musicais, gastronómicas, de formación medioambiental ou de fomento do Camiño de Santiago

06/10/21 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta
05/10/21 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia a tramitación do Consello Galego de participación infantil e adolescente

A publicación no Portal de Transparencia da consulta pública do regulamento que rexerá as bases e o funcionamento deste órgano busca implicar ás entidades do sector

04/10/21 | 18:17 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social participa no proxecto 'The Paroleo' posto en marcha pola asociación simbiose a través do programa Iniciativa Xove

Esta proposta, dirixida a persoas de entre 16 e 35 anos, ten como obxectivo difundir recursos pedagóxicos sobre a participación, a inclusión social, a educación ambiental ou o voluntariado

04/10/21 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima á xuventude a “Escribir o futuro de Galicia” cos premios Xuventude Crea de Novela curta

Sinalou que este programa naceu hai máis dunha década coa misión de converter as ideas da xuventude nunha realidade