Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

17/10/21 | 12:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta a nova Lei de impulso demográfico na Semana Europea das Rexións e Cidades

No evento emitiuse un vídeo da conselleira de Política Social, Fabiola García, no que presentou a Lei de impulso demográfico aprobada a principios de ano polo Parlamento de Galicia

16/10/21 | 11:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en marcha o Outono Xove con 1100 prazas para a mocidade e actividades de formación e lecer as fins de semana do último trimestre do ano

Ofértanse oito programas diferentes que se desenvolverán noutras tantas instalacións da Administración autonómica

15/10/21 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anima á xuventude a solicitar o Bono Albergue promovido pola Rede Española de Albergues Xuvenís

As mozas e mozos de entre 18 e 30 anos poderán solicitar a partir do 18 de outubro 800 bonos: 700 individuais de 30 euros e 100 para grupos valorados en 200 euros

14/10/21 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia achega preto de 47.000 euros á asociación Misela para desenvolver un programa de atención temperá dirixido a nenos con discapacidade

O Goberno galego tamén destina 194.000 euros anuais a financiar 23 prazas nos centros da entidade, 15 no ocupacional e oito no de atención diúrna

14/10/21 | 11:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca a segunda edición dos Premios Galicia de Acción Voluntaria

O certame premiará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, levado a cabo por unha organización de xeito individual ou por varias de maneira conxunta

13/10/21 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia de blindar as medidas en materia de demografía a través dun marco normativo

Galicia converteuse na primeira comunidade en aprobar unha lei dirixida a facer fronte ao reto demográfico