Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

09/11/21 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta repartirá este inverno a través da Cesta Benvida máis de 2000 produtos de lá tecidos a man polas usuarias da casa do maior de Punxín

As nais e pais galegos levan anos recibindo esta caixa no hospital con produtos de utilidade para os primeiros meses do seu bebé

09/11/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda financiar o equipamento da vivenda comunitaria de Carballeda de Avia para que o concello a poña canto antes en funcionamento

O obxectivo é desbloquear a situación desta infraestrutura de titularidade municipal que, anos despois da súa construción, a Administración local aínda non puxo en marcha

08/11/21 | 21:39 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social asina senllos convenios con Cogama e Asogapem para promover actividades de envellecemento activo en Vigo

O Goberno galego achega 26.000 euros para por en marcha actividades culturais, de convivencia e fomento do asociacionismo de maiores, entre outras, así como para manter e exercitar a axilidade mental dos usuarios

08/11/21 | 11:28 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que as casas do maior permiten ofrecer atención diúrna a 455 persoas maiores do rural

Lembrou que as administracións deben poñer á disposición das persoas maiores ferramentas que lles permitan decidir onde vivir

05/11/21 | 16:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inicia un programa de formación integral para a atención das persoas usuarias de casas do maior

A formación atende, entre outras cousas, ao tratamento do deterioro cognitivo, a aplicación de dietas adaptadas ou a realización de terapias

05/11/21 | 16:14 | C. de Política Social e Igualdade

María Gar e Andrés Seara gañan o primeiro premio Xuventude Crea 2021 nas categorías de artes plásticas e fotografía

O segundo premio da categoría de artes plásticas foi para Oliver Alfonso Fernández, de Vigo, por We are all alike e o terceiro, compartido, para Alejandro Vázquez Tomé, tamén de Vigo, por Quería mandarte flores e para Alejandro Reiriz Pouseu, por Galicia esperta e herbas ledas de Bueu

05/11/21 | 14:59 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García trasládalle ao Goberno central que “a demografía non é só natalidade, pero tampouco pode ser todo menos natalidade”

Subliñou que entre as 130 iniciativas que recolle o Plan de medidas posto en marcha polo Executivo nacional non hai ningunha centrada nesta materia

05/11/21 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña a aposta de Galicia por incorporar a tecnoloxía no ámbito sociosanitario para complementar os coidados dos profesionais

Lembrou que o novo modelo de residencias contempla a creación de centros intelixentes que axilicen o traballo dos profesionais e melloren o benestar das persoas usuarias