Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

12/11/21 | 14:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incorpora os concellos de Monfero e Taboada ao programa Xantar na casa

A través desta iniciativa garántese unha dieta equilibrada e saudable a unha vintena de veciños da localidade coruñesa e a outros dez da lucense

12/11/21 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa nun 7,5% as axudas ás escolas infantís de iniciativa social para facer fronte ao incremento dos seus gastos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este aumento que permitirá cubrir os gastos derivados do seu mantemento, incremento de persoal ou compra de alimentos

12/11/21 | 12:16 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a necesidade de garantir a igualdade de oportunidades dos menores sen importar “onde ou en que familia nacesen”

O sistema de protección de menores da Xunta e os servizos sociais contan coa axuda das entidades sociais para ofrecer atención individualizada e un seguimento profesional a todos os nenos en perigo de desprotección

11/11/21 | 17:17 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor os avances das novas tecnoloxías para mellorar a saúde e os coidados das galegas e galegos

Francisco Conde apunta que Galicia destaca por ser un dos polos biotecnolóxicos máis activos a nivel nacional, con 127 empresas que dan emprego a preto de 1.900 profesionais, e unha destacada presenza no ámbito da medicina

11/11/21 | 15:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reactiva dous programas en materia social, Xuntos polo Nadal e Montaña en Familia, suspendidos en 2020 pola pandemia

Feijóo salienta que o programa Xuntos polo Nadal ofrecerá este ano dúas quendas de 8 días cada unha e será gratuíto a para as persoas beneficiarias

11/11/21 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora na escola infantil de Silleda valoradas en máis de 23.000 euros

Impermeabilizarase parte da cuberta e mellorarase o patio exterior de xogos, entre outras actuacións

10/11/21 | 14:35 | C. de Política Social e Igualdade

O novo modelo de residencias contempla reducir ao mínimo o uso de suxeicións nos centros de maiores

Para aplicar esta medida farase un esforzo importante na formación de persoal, na adaptación dos espazos e no uso de novas tecnoloxías

10/11/21 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García marca o obxectivo de aprobar antes de que remate o ano a Axenda Social Única de Galicia 2024

Este documento aglutinará os retos e obxectivos en materia social para os vindeiros anos e permitirá xuntar forzas entre a Administración autonómica, as entidades sociais e os concellos galegos