Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

30/12/21 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realiza obras de mellora e renovación de equipamento no CAPD da Coruña por un valor de preto de 500.000 euros neste ano 2021

Entre as actuacións atópase a creación dun arquivo e melloras na cociña do centro, entre outras

30/12/21 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destina máis de 92.000 euros a mellorar o albergue xuvenil de Lugo

Con esta achega realizouse a substitución de ventás, acondicionouse parte do chan, ampliouse a iluminación exterior e pintáronse as zonas comúns, entre outros

29/12/21 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que o ámbito do tempo libre axuda a impulsar o emprego entre a xuventude

Durante o ano 2021 a Xunta emitiu 1090 títulos relacionados con este ámbito entre monitores e directores de actividades de tempo libre e campos de voluntariado

28/12/21 | 18:04 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor o traballo de Autismo Vigo na posta en marcha de recursos residenciais e de autonomía persoal

O Goberno galego financia o funcionamento de 12 prazas residenciais neste centro para o que destina un orzamento de 260.000 euros anuais

28/12/21 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ingresa antes de que remate o ano o complemento extraordinario a preto de 36.000 perceptores das pensións non contributivas

O Goberno galego investiu preto de 7 millóns e medio de euros nesta axuda, que beneficia a un colectivo que o necesita moi especialmente.

28/12/21 | 14:05 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta en Ourense louva o compromiso da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense no coidado das persoas que padecen esta enfermidade

Gabriel Alén lembrou que AFAOR é unha das 6 asociacións beneficiadas polos programas integrados e emprego da provincia aos que a Xunta vai destinar 1.327.391 euros para formar a 600 alumnos

27/12/21 | 12:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 54 programas de inclusión social en 13 concellos de Lugo, cun investimento de case 1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o obxectivo é posibilitar iniciativas locais de formación básica ou laboral, actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar