Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

26/01/22 | 15:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sacará a consulta pública no mes de febreiro o decreto que regulará e acreditará a condición das familias monoparentais

Permitirá a creación dun rexistro para estas unidades familiares e a aprobación dun plan de apoio para mellorar a atención e a cobertura social das súas necesidades

26/01/22 | 12:38 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achega máis de 300.000 euros á ONG Sen Valos para a atención á poboación inmigrante

Con estes fondos a organización sen ánimo de lucro pon en marcha programas para o asesoramento xurídico en materia de estranxeiría, para a inclusión sociolaboral, a conciliación ou a formación, entre outros

25/01/22 | 16:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede aos concellos da área de Vigo preto de 900.000€ en axudas para financiar os servizos sociais municipais

O Plan Concertado permitirá incrementar a contratación de persoal en cinco concellos da área territorial, para o que se destinarán 121.119 euros máis

25/01/22 | 11:56 | C. de Política Social e Igualdade

O Observatorio galego da familia e a infancia reforza a súa representación coa incorporación de Unicef

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a inclusión da entidade dedicada a garantir o cumprimento dos dereitos dos nenos

21/01/22 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia chega ás 65.000 persoas con dependencia atendidas, 50.000 máis que no ano 2009

Incrementáronse as horas do Servizo de Axuda no Fogar ata chegar ás máis de 24.000 persoas atendidas, 16 veces máis que hai 13 anos

20/01/22 | 15:05 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia que a Xunta financiará a creación de 30 novas casas do maior para acadar os 113 centros repartidos por toda a Comunidade

Increméntanse un 25% as prazas de casas do maior existentes e auméntanse as axudas ás 18 que levan tres anos en funcionamento

20/01/22 | 13:26 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achega máis de 220.000 euros á atención de persoas con discapacidade no centro ocupacional de Cogami en Silleda

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá as instalacións do centro, que conta cunha vintena de prazas financiadas con fondos públicos

19/01/22 | 11:41 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que Galicia segue á vangarda na atención e na protección da infancia gracias a proxectos como os de Aldeas Infantiles en Redondela

Neste centro residen 48 menores tutelados, ofrécese atención diúrna a rapaces en situación de vulnerabilidade e ao programa para mozos que acadan os 18 anos e saen do sistema de protección

19/01/22 | 10:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede aos concellos galegos 17,2M€ en axudas para financiar os servizos sociais municipais

O Plan Concertado permitirá incrementar para a contratación de persoal en 85 Concellos, para o que se destinarán 1,3 millóns de euros máis