Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

31/01/22 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a residencia e centro de día público de Baleira como mostra de que un rural con servizos é un rural vivo

Gaba a calidade de atención deste centro, que abriu as súas portas en 2019 e que conta con 24 prazas públicas de residencia; e outras 20 no centro de día, para os que prefiren seguir vivindo nas súas casas e pasar unhas horas ao día facendo actividades

30/01/22 | 11:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e a Asociación de Festivais de Galicia ofrecen descontos ás persoas mozas usuarias do carné xove

Ofrecerase un 15% de desconto nas primeiras entradas dos seguintes eventos asociados: Son Rías Baixas, SinSal, 17º Ribeira Sacra, Underfest, Vive Nigrán, Barbeira Season Fest, Wos Festival e Revenidas

30/01/22 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa nun 2,5% a contía da Risga e das axudas de inclusión social para seguir axudando ás persoas que máis o precisan

Actualmente benefícianse da Renda básica máis de 7200 persoas, mentres que ao longo do ano 2021 foron concedidas máis de 3000 Axudas de Inclusión Social (AIS)

29/01/22 | 12:12 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor os avances de Galicia na atención ás persoas con alzhéimer

Con estes fondos poñen marcha programas para o asesoramento xurídico en materia de estranxeiría, para a inclusión sociolaboral, a conciliación ou a formación, entre outros

29/01/22 | 10:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta crea 15 novas prazas públicas no centro integral que APAMP ten en Vigo para persoas con parálise cerebral, ata chegar ás 46

A Xunta contribuíu no financiamento para a construción desta residencia e posteriormente para a súa ampliación

28/01/22 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega máis de 800.000 euros para financiar 74 prazas nos centros de día e ocupacional de San Xerome Emiliani

O Goberno galego realiza neste 2022 o maior investimento da historia de Galicia en atención á discapacidade, con 141,7 millóns de euros, un 12,5% máis que o ano pasado

28/01/22 | 11:47 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia comeza a elaborar a estratexia de voluntariado 2027 para “recoller e amplificar o impulso solidario dos galegos”

A conselleira convidou a todos os axentes implicados no ámbito que realicen as súas achegas para que a folla de ruta recolla con fidelidade os retos de futuro

27/01/22 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta porá os fondos do Goberno para a creación de novas prazas de educación infantil a disposición de todas as administracións interesadas

A Consellería de Política Social lamenta que o Ministerio de Educación non permita empregar ese investimento na gratuidade das prazas existentes ou na mellora dos centros que xa están en funcionamento

27/01/22 | 12:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que Galicia é unha comunidade referencia na conciliación e nas axudas ás familias

O Goberno galego ofrece unha axuda directa ás familias para sufragar os gastos dos primeiros anos dun neno ou nena a través da Tarxeta Benvida