Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

07/02/22 | 14:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia pon en marcha puntos de información xuvenil nos sete campus universitarios

Este servizo informará dos programas, recursos e servizos de interese aos estudantes das tres universidades galegas

07/02/22 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para solicitar axudas de ata 1500 euros para estancias en residencias e de 1000 para o pago dun coidador no fogar dentro da orde de respiro familiar

O Goberno galego inviste 600.000 euros para facilitar o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes ou con discapacidade

06/02/22 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda a viabilidade de crear unha nova unidade de atención temperá na comarca do Salnés

A bisbarra conta actualmente cun centro que presta servizo a 150 nenos de entre 0 e 6 anos para detectar posibles trastornos

05/02/22 | 13:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enviou a solicitude de derrubamento da antiga discoteca ‘Hesta Kurba’, onde se emprazará a futura residencia de maiores, ao concello de Ribeira

Contará cun investimento de 10 millóns de euros, 100 prazas públicas de atención e converterase no primeiro centro en aplicar as innovación do novo modelo residencial

04/02/22 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social reúnese con EAPN-Galicia para avanzar na reforma da lei de inclusión social

No encontro tamén se abordaron outros temas de interese como os fondos europeos e os proxectos que a entidade quere desenvolver para mellorar a vida das persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade

03/02/22 | 15:59 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social avanza no novo modelo de coidados coa posta en marcha da III Xornada de formación para persoal de residencias sociosanitarias

Esta sesión ponse en marcha no marco da formación continuada dos centros residenciais, un dos catro piares que compón o novo modelo sociosanitario no que Galicia está traballando

03/02/22 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de 4,4 millóns de euros para costear o mantemento e a gratuidade das escolas infantís municipais de Galicia

Precisa que, na actualidade, a Xunta está a axudar a 86 concellos a ofrecer a gratuidade nos seus centros