Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

29/04/22 | 16:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha o encontro anual de correspondentes xuvenís de formación profesional

Á cita acudiron 40 mozas e mozos, que contaron con sesións formativas do eido da comunicación e información xuvenil, así como actividades lúdicas

29/04/22 | 14:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinou máis de 75.000 € para a posta en marcha de dúas casas do maior no Concello de Monterrei

O Goberno galego achegou arredor de 15.000 para acondicionar e equipar cada un dos dous centros, e outros preto de 25.000 euros para o garantir o seu funcionamento durante este ano

29/04/22 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subliña que as Comunidades Autónomas deben seguir tendo voz ante os desafíos do despoboamento en España

No 2021 aprobáronse as dúas primeiras leis autonómicas, en xaneiro a de Galicia e en maio a de Castela-A Mancha, destinadas a blindar medidas que axuden a reverter os seus efectos

28/04/22 | 14:50 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social impulsa a creatividade e a cultura urbana á mocidade no Espazo Xove de Ourense

Celébranse talleres de graffiti, hip-hop, breakdance, escritura creativa e acuarela; unha charla sobre saúde emocional; e un concerto de música urbana

27/04/22 | 17:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha ‘Encontros e networking nos campus universitarios’ no marco de Primavera Xove

Profesionais de diferentes eidos como a comunicación, o medio ambiente ou a educación emocional imparten este mércores charlas á mocidade na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo

27/04/22 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor visita en Abegondo o autobús de Coidados porta a porta que leva os servizos especializados para maiores a máis de 100.000 galegos

 Deste servizo estanse a beneficiar as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto

27/04/22 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia das actividades interxeracionais para favorecer o envellecemento activo, as relacións sociais e a aprendizaxe

Usuarios do centro de maiores de Arteixo e alumnado do CEIP Ponte dos Brozos traballan conxuntamente nunha horta

26/04/22 | 13:45 | C. de Política Social e Igualdade

A nova Escola Infantil da Xunta na Guarda recibe máis de 40 solicitudes de matrícula para o vindeiro curso

Ultímase a posta en marcha desta infraestrutura coa próxima adxudicación do equipamento e a licitación da súa xestión

26/04/22 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 75.000 euros ao ano para o funcionamento dunha casa niño e dúas casas do maior no concello de San Amaro

O Goberno galego axuda no equipamento destes centros cun investimento de 15.000 euros por local e outros 25.000 euros anuais para o funcionamento diario de cada instalación