Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

12/05/22 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Neuroburgas na atención ás persoas con enfermidades neurolóxicas

Lembra que o Goberno galego está a traballar nun plan de choque á dependencia que permita a creación de vías preferentes para que as persoas con doenzas graves reciban atención o antes posible

12/05/22 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade
12/05/22 | 11:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a implicación da Fundación Acción contra a Fame na inserción laboral das persoas en risco de exclusión social

O Goberno galego financia con 66.000 euros os programas ‘Vives Emplea Galicia’ e ‘Vives Emprende’ desta entidade a través das axudas con cargo á casilla social do IRPF

12/05/22 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre unha nova convocatoria de iniciativa Xove para impulsar proxectos liderados pola xuventude

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a orde de subvencións para este 2022, que conta cun orzamento de 400.000 euros

11/05/22 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca o éxito da Primavera Xove 2022 como alternativa de ocio segura para a xuventude viguesa

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores no encontro informativo e de networking que permitiu dar alternativas ás mozas e mozos de entre 18 e 30 anos durante os meses de abril e maio

11/05/22 | 18:05 | C. de Política Social e Igualdade

Os 'Encontros nos campus universitarios' da Xunta achegan á mocidade a experiencia de profesionais en eidos como a cultura e a creatividade

Profesionais de diferentes eidos como a comunicación, o medio ambiente ou a educación emocional imparten charlas á mocidade na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo

11/05/22 | 17:14 | C. de Política Social e Igualdade

As unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta atenderon en catro días a máis de 120 usuarios de Foz e Trabada

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, salientou a elevada demanda que está a ter o servizo, que permanece ata mañá en Ribadeo e Barreiros e a continuación desprazarase a Lourenzá e Riotorto

11/05/22 | 15:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará dez novas unidades de atención temperá para reforzar e estender a rede pública autonómica a 29 novos concellos

As instalacións darán cobertura a case tres decenas de municipios das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, todos os que o solicitaron

11/05/22 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta a maior campaña de verán da historia con máis de 10.800 prazas para multitude de actividades

A campaña terá como lema ‘O verán que queres contar’, ampliará en tres mil as prazas ofertadas o ano pasado e en mil as que había antes da pandemia

11/05/22 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de Coidados Porta a Porta da Xunta chega a Mos para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores

No seu primeiro mes de actividade beneficiáronse desta medida máis de 2500 persoas de máis de 40 concellos das catro provincias