Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta incrementa o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ao que destinará o vindeiro ano o investimento récord de 112 millóns de euros
Este esforzo orzamentario permitirá incrementar o número de horas á disposición dos Concellos e aumentar a achega autonómica ata chegar aos 12€/hora
Máis de 600 persoas maiores están a gozar estas semanas do programa de Benestar en balnearios, cubríndose o 100% das prazas ofertadas
A proposta desenvólvese en 15 establecementos de toda a Comunidade durante os meses de novembro e decembro
A programa de coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia levará mañá servizos sociosanitarios gratuítos a oito concellos
As unidades móbiles desta iniciativa atenderán aos veciños de máis idade de Ponte-deume, Vilarmaior, A Pastoriza, Abadín, Crecente, Modariz-Balneario, Sarreaus e Xunqueira de Ambía
A Xunta destaca a boa acollida da gratuidade das escolas infantís por parte do sector na provincia ourensá
O Goberno galego destina 55 millóns de euros de fondos propios a esta medida da que se benefician máis de 31.000 familias en toda a Comunidade Autónoma
A Xunta premia á coruñesa Fernanda Rodíguez Miguélez na especialidade de Arte Urbana do programa Xuventude Crea
En segundo lugar quedou Elvira López Rodríguez, de Ribadeo, mentres o terceiro galardón foi para Andrea Otero Vázquez, natural de Ribadavia
A Xunta investirá 957.000 euros na renovación do Centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira
Os traballos teñen un prazo de execución previsto de seis meses e están centrados na mellora do control térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio
A Xunta investirá un millón de euros no desenvolvemento dun programa integral de atención a persoas con discapacidade
Esta iniciativa, que leva en marcha desde 2018 e agora se reforza, conta con servizos de fisioterapia, estimulación da memoria, neuropsicoloxía ou logopedia para mellorar a autonomía e a integración social dos participantes
Rueda resalta que Galicia é referencia en España na prestación de servizos que garanten a atención aos maiores no rural
Subliña que a comunidade é líder nacional no Servizo de Axuda no Fogar e conta con programas como Coidados Porta a Porta ou a rede de Casas do Maior
A Xunta recoñece os mellores traballos en moda e deseño de xoias do programa Xuventude Crea 2022
O santiagués Brais Albor Rodríguez obtivo o primeiro premio en Moda pola súa crea-ción ‘Touro Galego’; e a obra titulada ‘Tick-Tock Collection’, de Rebeca García Martí-nez, da Pobra do Caramiñal, gañou na categoría de Deseño de Xoias
A Xunta destaca a forza e o compromiso solidario das máis de 1.000 entidades e 52.000 persoas voluntarias no Día Internacional do Voluntariado
Cristina Pichel puxo en valor o traballo altruísta destas persoas, que “agasallan tempo e ofrecen unha man tendida a quen máis o necesita cando máis o necesita”