Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

25/05/22 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social apoia a Pai Menni con máis de 3 millóns de euros para mellorar a atención das persoas con discapacidade

O Goberno galego financia prazas nos diferentes centros que conta a asociación e, ade-mais, achega fondos para poñer en marcha programas de inserción laboral e de inter-vención logopédica

25/05/22 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asegura que as ideas sobre residencias do Goberno central son irrealizables ao encarecer e dificultar o acceso aos coidados para os maiores

Indica que a proposta é inasumible e o Goberno central non garante o financiamen-to necesario para levala a cabo

25/05/22 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina preto de 828.000 euros a financiar a contratación de 79 perceptores da Risga en 36 concellos ourensáns

O delegado territorial explicou que a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas co obxecto de proporcionarlles experiencia e práctica profesional

24/05/22 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o éxito do programa Coidados Porta a Porta, que atendeu a 4.700 persoas en dous meses

Na provincia de Lugo este servizo chegou a 18 concellos e atendeu a un total de 1300 persoas

24/05/22 | 14:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anuncia a creación dun punto de encontro familiar na comarca da Mariña, situado no Concello de Cervo

Este será o noveno servizo desta índole da rede autonómica, que actualmente está composta polos puntos de encontro familiar das sete cidades e por un oitavo en Ri-beira

24/05/22 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o novo campo de voluntariado que se realizará este ano en Sanxenxo

Terá lugar no mes de agosto e consistirá en actividades de coidado medioambiental, localización de residuos e a recollida dos mesmos en embarcacións tipo kaiak e SUP

24/05/22 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos impulsada pola Xunta chega a Ferrol

Unha intérprete e unha traballadora social ofrecerán información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

24/05/22 | 12:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste máis de 530.000 euros en axudas a concellos de Ferrolterra para a contratación de 40 persoas perceptoras da Risga

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, avanzou que a maior parte do investimento na zona recae no concello de Ferrol ao que se lle concederon preto de 247.000 euros para contratar a 20 persoas traballadoras