Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

08/06/22 | 14:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberta a convocatoria de axudas Iniciativa Xove’ para impulsar proxectos protagonizados pola mocidade

As entidades xuvenís e grupos informais teñen aberto o prazo para enviar solicitudes ata o vindeiro 13 de xuño

08/06/22 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese con EAPN-Galicia para abordar diversas cuestións no ámbito da inclusión social

A xuntanza serviu para tratar, entre outros asuntos, a modificación da Lei de Inclusión Social de Galicia e os proxectos que se están a desenvolver cos fondos europeos do Plan de Recuperación no ámbito da inclusión social

07/06/22 | 15:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega ás escolas infantís 0-3 de Galicia os detalles da gratuidade total que entrará en vigor o vindeiro curso

O director xeral coñeceu de primeira man as dúbidas e suxestións dos centros sobre esta pioneira medida

07/06/22 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca a importante labor de dinamización dos centros sociocomunitarios como espazos de encontro para a veciñanza

A delegada territorial en Vigo foi a encargada de clausurar este martes o curso do Centro Social Rivera Atienza, que retomará en setembro a nova programación

07/06/22 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a actividade ‘Amar o mar’ nas residencias públicas da provincia de Pontevedra

A actividade, celebrada hoxe en Baiona, contou coa colaboración do Clube de iates Monte Real da localidade e permitiu vivir a experiencia da navegación aos usuarios de tres centros públicos autonómicos

07/06/22 | 12:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a contratación de 68 perceptores da Risga en 14 concellos das bisbarras do Baixo Miño, o Condado e a Paradanta cunha achega de 850.000 €

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta nova concesión, orientada a reforzar os servizos públicos e a garantir a inclusión social destas persoas desempregadas, tras unha reunión na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño

07/06/22 | 11:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a contratación de 23 perceptores da Risga en seis concellos das bisbarras de Deza e Tabeirós cunha achega de 286.000€

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta nova concesión, orientada a reforzar os servizos públicos e a garantir a inclusión social destas persoas desempregadas, tras unha reunión na que analizou a resolución definitiva coa xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade, Marta Mariño

06/06/22 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chega hoxe a Monforte

Estará situada toda esta semana na praza da Compañía e ofrecerá información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

06/06/22 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incorpora o concello de Rodeiro ao programa Xantar na casa

Con esta incorporación son xa catro os municipios da comarca do Deza que se benefician desta iniciativa, coa que se ofrecen menús semanais, sans e equilibrados a 65 persoas maiores da zona