Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

29/06/22 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre seis novas Casas Niño, que elevarán a 475 as prazas dispoñibles en toda a comunidade para nenos de 0-3 anos

Abriranse novos centros en Monfero, Verea, O Incio, Portomarín e Láncara ata chegar ás 95 casas niño en toda a Comunidade

29/06/22 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor no encontro Ibero-insular de correspondentes xuvenís o papel dos mozos galegos

Unha decena de rapaces de catro institutos de Galicia acudiron ao evento celebrado en Málaga para contar a súa experiencia neste programa

28/06/22 | 15:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lamenta a improvisación e o escurantismo do Goberno central nas propostas para redefinir o modelo de coidados a maiores

A aplicación destas medidas suporía dificultar o acceso dos cidadáns aos coidados, reducir o número de prazas dispoñibles e requiriría dun importante orzamento que non foi comprometido polo Goberno central

28/06/22 | 11:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por unha atención individualizada da discapacidade desde a infancia ata a vellez e que implique a toda a sociedade

Destaca a creación da Dirección xeral de Persoas con Discapacidade, que converte a Galicia nunha das poucas comunidades cun departamento centrado neste eido

27/06/22 | 17:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia ampliará as prazas dispoñibles no centro de día público de Baiona

Incrementarase a oferta deste servizo ata practicamente a súa máxima capacidade, que son 40 usuarios

26/06/22 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a convocatoria da segunda edición do programa ‘Xuventude Mentoring’ de formación e mentorización de mozos para a transición da vida académica á laboral

O Goberno galego destina 500.000 euros nesta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 250 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que acaban de rematar os seus estudos

25/06/22 | 11:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece o papel das entidades sociais e das persoas voluntarias na construción dunha Galicia mellor

Destaca que Galicia é unha comunidade solidaria na que máis de 52.000 persoas destinan o seu día a día en axudar aos demais