Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

05/08/22 | 18:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o compromiso social de ‘Equiocio’ durante a celebración do seu certame hípico

En concreto, fixo entrega do premio na categoría ‘Consellería de Política Social e Xu-ventude’ e visitou os postos de distintas entidades sociais no marco deste programa
 

05/08/22 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o rural galego a través do campamento ‘Aldea Perdida’ da Granxa Zoo de Grixalba

Neste programa impulsado polo Goberno galego, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos desfrutan de actividades ao aire libre nun complexo turístico completamente equipado
 

05/08/22 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas a entidades sociais á que se destinan 7,2 M€

Esta convocatoria incrementa ata un 40 % as achegas para o funcionamento de comedores sociais, albergues e centros de acollida

04/08/22 | 17:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa campamentos tecnolóxicos e musicais no albergue LUG II, nos que participan 160 mozos e mozas de toda Galicia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou aos 30 rapaces de 14 a 17 anos que asisten desde o pasado luns a esta actividade de O Verán que queres contar que combina as máis novidosas aplicacións como impresión en 3D ou ‘Design thinking’ con prácticas deportivas

03/08/22 | 16:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios a través do campo de voluntariado ‘Ruta de Palacios’ en O Porriño

Dende o 26 de xullo ao 6 de agosto preto dunha decena de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos realizan actividades culturais
 

03/08/22 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sufraga con 30.000€ obras de mellora na escola infantil de Coristanco

Entre outras actuacións, aumentaranse as condicións de impermeabilización do edificio e instalarase na entrada posterior unha pérgola para protexer da chuvia tanto aos pequenos como aos seus familiares cando acceden ao centro

02/08/22 | 20:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o carácter inclusivo do Camiño de Santiago

Os peregrinos chegaron esta tarde á praza do Obradoiro tras percorrer un tramo da ruta do norte

02/08/22 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recibe os mozos saharauís que participan este ano no programa ‘Vacacións en Paz’

O Goberno galego achega 100.000 euros á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para a acollida de 110 nenos e adolescentes
 

02/08/22 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta intensificará o servizo de teleasistencia para chegar a final de ano a preto de 10.000 usuarios

O Goberno galego ampliou a flota de vehículos e renovou o deseño do servizo para facelo máis identificable por parte dos usuarios
 

01/08/22 | 16:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove o deporte e as actividades ao aire libre co campamento ‘Multiaventura’ en Mondariz-Balneario

Un total de 60 mozos e mozas de entre 14 e 17 anos están a participar nesta segunda quenda do campamento