Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

28/08/22 | 15:41 | C. de Política Social e Igualdade
28/08/22 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

O programa ‘Coidados Porta a Porta’ da Xunta atendeu a máis de 15.000 usuarios cos seus servizos gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía

As oito unidades móbiles deste programa percorren dende marzo todos os concellos da nosa comunidade, agás as sete grandes cidades, para levar estes servizos a todos os galegos maiores de 55 anos, que precisarán obter cita previa

27/08/22 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 50.000 € para promover o labor das asociacións de persoas con discapacidade a través dun convenio con Cermi Galicia

O acordo procura apoiar á organización, que agrupa ás asociacións deste colectivo na nosa comunidade

26/08/22 | 15:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove un xardín sensorial e un bosque comestible en Mesía co campo de voluntariado ‘Arboretum’

Os 14 participantes nesta iniciativa, de entre 18 e 30 anos, desenvolven ata o domingo estas e outras tarefas relacionadas coa conservación deste enclave natural

26/08/22 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta visita as casas niño de Navia de Suarna, Samos e Triacastela

Galicia conta con 440 prazas nestas pequenas escolas infantís situadas en municipios con poucos habitantes

25/08/22 | 17:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fomenta o deporte e o lecer activo no minicampamento ‘Aventura en Paradanta’, en Covelo

Esta é a terceira e última quenda da iniciativa, que inclúe distintas e visitas pola zona nas que participan esta semana 20 mozos galegos de entre 10 e 14 anos

25/08/22 | 13:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece 1.300 consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e memoria en Deza e Tabeirós-Montes co programa Coidados Porta a Porta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou deste servizo de proximidade para os oitos concellos das bisbarras na chegada dunha unidade móbil a Forcarei, onde permanecerá ata o luns 29

24/08/22 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora na celebración da IV edición ‘Arousa Inspira’ a través do programa iniciativa Xove

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a resolución da última convocato-ria de axudas do programa Iniciativa Xove que permite ofrecer recursos económicos á xuventude para facer realidade os seu proxectos

23/08/22 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove un verán en familia nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño

Esta iniciativa duplicou este ano as súas prazas ata un total de 2000, das cales 1035 foron destinadas á residencia de Panxón

22/08/22 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destina 154.000 euros ao programa ‘Acougo’ da Fundación Monte do Gozo encamiñado á inserción social de persoas con patoloxía dual

Permitirá financiar 9 prazas residenciais, aínda que dependendo da autonomía das persoas usuarias e da súa situación familiar pódese optar a réxime semirresiden-cial