Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

16/09/22 | 12:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de inscrición para formar parte do programa ‘Correspondentes Universitarios’

Este proxecto está dirixido a fomentar a participación das mozas e mozos ao crear unha canle de difusión de contidos e información de interese
 

15/09/22 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade

O programa coidados porta a porta da Xunta leva beneficiado a máis de 17.000 persoas maiores

Percorre todos os concellos galegos agás as sete cidades desde o mes de marzo ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria

15/09/22 | 15:07 | C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta aproba unha orde con 34,8 M€ para financiar a creación de prazas en escolas infantís en colaboración cos concellos

Resaltou que permitirá crear ata 3.400 novas prazas, isto é, un 11 % máis das que existen na actualidade

14/09/22 | 18:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña a urxencia dunha xestión áxil e eficaz dos fondos Next Generation para reforzar a contribución de Galicia ao desenvolvemento sustentable

Recalca que os proxectos de Stellantis, Showa Denko e Altri carecen de certezas na asignación de fondos e lamenta o centralismo na xestión dos recursos

14/09/22 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor informa a AFACO das dúas liñas de axudas abertas para entidades sociais por un importe de 32 M€

A Xunta conta cunha orde dotada con 13 millóns de euros para a rehabilitación ou construción de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade e outra orde de 19,1 millóns de euros cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para impulsar programas de carácter social

14/09/22 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia unha nova liña de investimento para crear en colaboración cos concellos máis de 3.400 novas prazas en escolas infantís

Avanza que o Consello aprobará mañá a segunda edición do Bono Activa Comercio, que porá a disposición de 160.000 galegos 30 € de desconto para comprar en pequenos establecementos, cunha mobilización prevista de 17 M€

13/09/22 | 15:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa as prazas públicas no centro de día de Fingoi de Lugo ata chegar ás 31

O Goberno galego destina 340.000 euros anuais a financiar estas prazas que sumaron tres novas durante este ano 2022

13/09/22 | 13:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para acollerse ás axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade

O programa está dotado con 13 millóns de euros e permitirá renovar a carteira de servizos promovidos polas entidades de iniciativa social

12/09/22 | 16:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 5,3 M€ a financiar as prazas de todas as escolas infantís da provincia, que desde este curso son gratuítas para os usuarios

O delegado territorial, Javier Arias, destacou que a medida beneficia a máis de 3300 nenos e nenas en Lugo e supón un aforro de entre 1500 e 2000 euros para as familias