Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

07/02/20 | 11:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía a escola infantil de Arzúa ata as 74 prazas e eleva a ratio de atención pública á infancia ao 74%, máis do dobre do que recomenda a Unión Europea

O Goberno galego investiu 100.000 euros para ampliar en dúas unidades o centro e pasar así das tres ás cinco aulas

06/02/20 | 20:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará 200.000 euros para a construción dun centro de día no concello de Riós

O Goberno galego e o Concello asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración para dotar deste novo servizo ao municipio ourensán

06/02/20 | 11:23 | C. de Política Social e Igualdade
05/02/20 | 19:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta celebrará este mes unha reunión de traballo cos axentes implicados para seguir avanzando na estratexia contra a soidade non desexada

Participarán especialistas de diferentes administracións e institucións como a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Instituto Galego de Estatística (IGE), a Cruz Vermella ou a Sociedade Galega de Xeriatría

05/02/20 | 17:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará 200.000 euros para habilitar un centro de día no primeiro andar da Casa do Mar de Marín

Esta colaboración formalizarse coa sinatura dun convenio nas vindeiras semanas

05/02/20 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social difunde os seus programas en materia de xuventude no campus de Ourense a través dos Correspondentes universitarios

Este curso universitario están inscritos neste programa 72 mozas e mozos das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela

05/02/20 | 13:57 | C. de Política Social e Igualdade
04/02/20 | 19:35 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achegará 150.000 € para a construción dun centro de día no concello de Outeiro de Rei

Nas vindeiras semanas asinarase un convenio entre a Consellería de Política Social e o Concello

04/02/20 | 18:40 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta acorda ceder o albergue xuvenil de Portomarín ao Club Fluvial de Lugo cando non haxa campamentos

O centro acolle campamentos de verán desde o 15 de xuño ao 5 de setembro

04/02/20 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia atenderá 65.000 persoas dependentes ao remate deste 2020

Para acadar este obxectivo apostarase polo Bono residencia, que xa axuda a 1.900 galegos a pagar unha praza nun centro da súa elección e, nas últimas semanas, reforzouse con medio millón de horas máis o Servizo de axuda no fogar