Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

14/05/20 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo de matrícula para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas concertadas

Avánzase así na preparación do novo curso á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros

13/05/20 | 15:27 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia é a única das nove comunidades consideradas infrafinanciadas no reparto do 0,7% do imposto da renda cuxa asignación non crece este ano

O propio Goberno central recoñeceu o ano pasado que había nove comunidades autónomas, entre elas Galicia, que estaban a recibir menos do que lles correspondía

13/05/20 | 15:21 | C. de Política Social e Igualdade

Unha nova Orde permitirá a usuarios de residencias e familiares denunciar ante a Xunta as deficiencias dos centros

O obxectivo é mellorar os procedementos de inspección para actuar cada vez con máis rapidez e contundencia fronte aos incumprimentos

11/05/20 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

As entidades sociais poderán solicitar desde mañá as axudas da maior convocatoria para inclusión social da historia

Conta cun orzamento de 18,3 millóns de euros, un 22% máis que a convocatoria anterior

09/05/20 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

Os centros residenciais de Galicia recibiron 400 teléfonos móbiles e tablets para facilitar a comunicación dos usuarios coas súas familias durante o confinamento

Estes dispositivos foron cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e a Fundación La Caixa

07/05/20 | 14:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reitera ao Goberno central que faga públicos os datos do impacto do coronavirus nas residencias, dos que dispón desde hai un mes

Galicia, igual que o resto de comunidades, envía esta información dúas veces por semana ao Ministerio de Sanidad

07/05/20 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fará unha consulta xurídica sobre a constitucionalidade do reparto do 0,7% do Imposto de Sociedades proposto polo Goberno central

Supón que se repartan directamente desde Madrid 34 millóns de euros máis que o ano anterior en axudas sociais directas, que son competencia autonómica

06/05/20 | 14:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta advirte que o reparto dos fondos do 0,7% do IRPF é once veces peor para Galicia que para as demais comunidades

Todas as comunidades autónomas verán incrementada a súa asignación por riba do 11% mentres en Galicia, Castela e León, Cataluña e Madrid tan só se actualiza en base á inflación: un 0,9%

06/05/20 | 11:00 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Talento Mozo leva ás redes sociais historias de éxito de mozas e mozos galegos

Cada xoves realizarase unha charla con persoas destacadas en ámbitos como o deporte, a música ou a creación

04/05/20 | 18:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa inicialmente en 300.000 euros as axudas sociais de emerxencia para atender as necesidades básicas das familias

Con este aumento os fogares que peor o están a pasar poden pagar facturas, comprar medicamentos ou produtos de primeira necesidade