Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

24/09/20 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traballa na creación dun novo modelo de residencias coa participación das autoridades sanitarias e do sector

Salienta que a nova proposta de centros residenciais e a creación da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria serán aspectos positivos para os centros, os seus usuarios e as entidades que os xestionan

23/09/20 | 18:42 | C. de Política Social e Igualdade

O CERMI premia as políticas de integración da discapacidade da Xunta de Galicia como Mellor Acción Autonómica a nivel nacional

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade valora da Consellería de Política Social a súa aposta polo “diálogo e a coordinación coa sociedade civil”

23/09/20 | 15:37 | C. de Política Social e Igualdade
22/09/20 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia licita a construción da nova escola infantil da Guarda, que contará con 41 prazas

O centro permitirá aumentar a ratio de atención infantil ata o 48%, 15 puntos superior ao recomendado pola Unión Europea

21/09/20 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

Os primeiros 'Premios Galicia de Acción Voluntaria' recoñecerán a labor solidaria de persoas e asociacións fronte á covid-19

Hai tres modalidades de premios, cada unha delas dotada con 4.000 euros: á voluntaria ou voluntario do ano, á organización de acción voluntaria e ao mellor proxecto

21/09/20 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca a orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF destinadas a programas sociais por un importe de 11,5 M€

Aínda que o Goberno central non deu a coñecer o importe final que lle corresponde a Galicia, publícase xa para que as entidades sociais poidan planificar con tempo os programas que van desenvolver

20/09/20 | 10:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destinará 35.000 euros ao arranxo da cuberta da vivenda comunitaria de Castrelo de Miño

A Consellería de Política Social e o municipio ourensán asinan un convenio para arranxar os problemas de filtracións e humidades que ten esta instalación

19/09/20 | 14:01 | C. de Política Social e Igualdade

Un grupo de mozas e mozos voluntarios colaboran en tarefas de preservación ambiental da contorna da Ribeira Sacra en Sober

Limparon e acondicionaron a ruta dos Muíños de Xábrega, visitaron os Canóns do Sil e un obradoiro de olería na parroquia de Gundivós

19/09/20 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a importancia de preservar a atención directa e personalizada das persoas con Alzhéimer

Lembra que os usuarios dos centros de día poderán seguir acudindo ás instalacións a pesar de estar en concellos con restricións

18/09/20 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia que ten o Plan de recuperación social para mitigar o impacto da covid-19 nas familias galegas

Entre as medidas específicas para as familias salientan as bolsas de comedor escolar, a Tarxeta Básica e os Bonos Coidado Extraordinarios para familias con nenos ou con persoas dependentes ao cargo