Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

01/10/20 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achega a innovación e a tecnoloxía á mocidade a través dos obradoiros e charlas de 'Ciencia aberta'

As persoas que participan nesta proposta adquiren de maneira práctica habilidades nos campos da electrónica, o deseño, a impresión 3D ou a informática, entre outros

30/09/20 | 15:54 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta o firme compromiso da Xunta a prol da conciliación das familias con persoas maiores

As instalacións, de xestión municipal, contan con 25 prazas e abriron as súas portas a finais do pasado ano grazas á estreita colaboración entre diferentes Administracións

29/09/20 | 18:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que Galicia será a primeira Comunidade en contar cunha Lei de impulso demográfico

Alfonso Rueda destacou a importancia de traballar de forma conxunta entre as comunidades para que o Goberno central teña en conta o reto demográfico na distribución dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

29/09/20 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

Gonzalo Trenor destaca o esforzo da Xunta para dotar de material de protección a 47 entidades sociais da cidade da Coruña

O delegado territorial puxo en valor o apoio do Goberno galego a Down Coruña como exemplo da colaboración para avanzar na inclusión de todas as persoas

28/09/20 | 19:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta solicita a licenza para a construción da nova residencia de maiores de Lugo que contará con 120 prazas

O delegado territorial, Javier Arias Fouz, mantivo un encontro coa asociación de veciños deste barrio para trasladarlle as características dun proxecto que fará posible que Lugo conte con máis de 600 prazas públicas de maiores

27/09/20 | 09:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellorará os tempos de resposta dos servizos sociais coa adhesión das 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral á Historia Social Única Electrónica

Esta plataforma da Administración autonómica integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á atención social das persoas beneficiarias de prestacións

26/09/20 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a cultura e a tradición das bandas de música entre a mocidade a través do programa Iniciativa Xove

Ademais da compoñente lúdica, a actividade serviu para dar a coñecer ás persoas participantes as posibles saídas profesionais vinculadas á música

25/09/20 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa nun 27%, ata os 46.000 euros, o convenio con EAPN-Galicia para loitar contra a pobreza e a exclusión social

Fabiola García avoga pola colaboración entre Administracións e coas entidades para poñer en marcha políticas eficaces que contribúan a paliar as consecuencias sociais derivadas da covid-19