Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

20/10/20 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García tende a man cara a un pacto autonómico para seguir mellorando a atención residencial en Galicia

Levará á Comisión de reconstrución do Parlamento galego as liñas estratéxicas do novo modelo de residencias

20/10/20 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Sanidade comeza os cribados periódicos con mostras de saliva dos traballadores das residencias sociosanitarias

Con este cribado sistemático nas residencias galegas conseguirase a detección de persoas asintomáticas e, con elo, a prevención e vixilancia da infección ocasionada pola covid-19 e a toma de decisións adaptadas á realidade de cada centro

19/10/20 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a ampliación da Tarxeta Básica por tres meses máis, para axudar á adquisición de produtos básicos ás familias vulnerables que o precisen

A dita tarxeta achega entre 450 e 900 euros ao trimestre, dependendo do número de persoas que conforman a unidade familiar

17/10/20 | 10:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha segunda edición do Plan de formación de xuventude e voluntariado cun total de 1530 prazas

Estará formado por 27 cursos, 22 deles en liña e cinco presenciais, orientados á formación especializada e específica en materia de voluntariado

17/10/20 | 10:31 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social afonda no coñecemento das necesidades das persoas con alzhéimer nas XVIII xornadas interdisciplinarias de Fagal

O evento xirou en torno aos efectos da crise sanitaria da covid-19 no traballo das persoas coidadoras e familiares

16/10/20 | 15:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta valora os avances na Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico pero pide máis concreción nas actuacións

O Goberno central presentou ás comunidades un borrador de documento ante o que as comunidades poderán presentar alegacións

16/10/20 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta triplica nos últimos dez anos, ata superar o millón de euros, a achega económica á Federación Galega de Familiares e Persoas con Efermidade Mental

Fabiola García garantiu que o Goberno galego “sempre ten as portas abertas para atender e apoiar a estas persoas e ás súas familias”

15/10/20 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o éxito da campaña de verán, que se pechou sen ningún caso de covid-19

Ofertáronse máis de 6.800 prazas e xeráronse preto de 650 contratos no sector do ocio e o tempo libre

15/10/20 | 12:52 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor defende a importancia da colaboración coas entidades sociais no ámbito da atención á discapacidade

Desde 2009 o Goberno galego multiplicou a achega económica a Cogami, ata chegar na actualidade aos 6,3 millóns de euros