Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

02/11/20 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza novos pasos para converter a ETEA nun dos piares do Vigo aberto coa construción do pavillón polideportivo e a nova residencia de maiores

En relación á residencia de maiores, confirma que o proxecto de demolición do antigo cuartel xa está finalizado, co obxectivo de comezar as obras este ano, cun investimento de 15 millóns de euros e con 150 prazas públicas

31/10/20 | 10:33 | C. de Política Social e Igualdade

O Grupo Palimoquiños e Cía de Lugo gaña o primeiro premio do Xuventude Crea 2020 na categoría de teatro

O segundo premio foi para o grupo Lohengrin Teatro, de Vigo, e o terceiro para o grupo Farándula Velutina, de Corcubión

28/10/20 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social asina un convenio con Cruz Vermella que destina 170.000 euros ao acompañamento e apoio ás persoas sen fogar

Permitirá dar información ás persoas en situación de rúa sobre as axudas e servizos aos que poden acceder, así como apoio psicolóxico e asesoramento legal

28/10/20 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende a eficacia das políticas económicas e sociais postas en marcha na última década

O risco de pobreza e exclusión na comunidade sitúase tres puntos por debaixo da media nacional e a carencia material severa baixou de 4,1 a 1,6 puntos

27/10/20 | 14:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores de Salvaterra de Miño

As Consellerías de Sanidade e Política Social toman esta medida para reforzar o persoal do centro e garantir a calidade asistencial

26/10/20 | 12:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asina un convenio co Concello de Padrón para financiar con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores

Destaca a colaboración institucional para achegar servizos ás veciñas e veciños desta localidade

24/10/20 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade
23/10/20 | 20:20 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social agradece á Fundación Coral Casablanca as súas actividades en favor das persoas maiores con alzhéimer

A entidade puxo en marcha hai un ano un coro no que participan persoas que padecen esta doenza neurodexenerativa

23/10/20 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a calidade asistencial das casas niño, nas que este ano iniciarán o curso 400 nenas e nenos de toda Galicia

A última orde deste programa permitirá a posta en marcha de 13 novos centros en concellos de Galicia sen ningún servizo de conciliación

23/10/20 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asina un convenio coa Fundación Juan Soñador para a atención de menores tutelados no que incrementa nun 40% a súa achega, que acada os 158.000 euros

A contía total do acordo para este ano ascende a 180.000 euros, xa que á entidade lucense correspóndelle os 22.000 euros restantes