Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

20/11/20 | 20:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta premia os mellores videoxogos feitos por mozas e mozos na primeira edición desta categoría no Xuventude Crea 2020

Fabián Ezequiel Farías González e Carla Bolaños Blanco fixéronse co primeiro posto do certame coa creación ‘Odal’

20/11/20 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta considera insuficiente a Estratexia nacional fronte ao reto demográfico que propón o Goberno central por carecer de concreción e mecanismos de financiamento

Solicita que se definan as medidas específicas, o custe efectivo dos servizos e as áreas de risco demográfico

19/11/20 | 18:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Asilo de Vilalba

As consellerías de Sanidade e Política Social toman esta medida para reforzar o persoal do centro e garantir a calidade asistencial

19/11/20 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

Luisa Piñeiro destaca o apoio da Xunta ás escolas infantís de iniciativa social na visita a gardería 'Pipo' de Pontevedra, na que se invisten 171.845 € este ano

A Consellería de Política Social entregoulle unha axuda de 123.348€ para funcionamento e outra de máis de 29.000€ pola gratuidade da atención educativa dos segundos fillos

19/11/20 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García atende ás inquedanzas de nenos de toda Galicia a través dunha videoconferencia no Día Mundial do Neno e da Infancia

No acto participaron rapazas e rapaces de centros educativos de Boiro, Pontevedra, Ares ou Porto do Son

19/11/20 | 13:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta a resposta áxil e inmediata fronte as consecuencias sociais derivadas da pandemia da covid-19

Destaca o reforzo e axilización da Risga e a creación da Tarxeta Básica, da que se benefician xa unhas 11.000 familias galegas

18/11/20 | 17:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta expón no Museo Gaiás da Cidade da Cultura as obras finalistas da modalidade de graffiti no Xuventude Crea

A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de decembro, en horario de 10:00 a 20:00 horas de luns a domingo

18/11/20 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina catro millóns de euros a financiar servizos e programas dunha trintena de entidades sociais de Vigo

Nos vindeiros dous anos sufragaranse un total de 229 actividades dirixidas a persoas e familias en situación ou risco de exclusión

17/11/20 | 15:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza na creación do Consello Autonómico de Participación Infantil e Adolescente

Neste acto participaron mozas e mozos de oito consellos locais de participación infantil de Castrelo de Miño, Tomiño, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Teo, Cabanas e Moeche

17/11/20 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cede a dúas entidades de atención ao alzhéimer e de saúde mental o antigo local de Apsnais

Fabiola García salienta que con esta medida se continuará coa atención a dous colectivos que nestes momentos son prioritarios: as persoas con alzhéimer e as que padecen doenzas mentais