Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

27/11/20 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa desta decisión tras a xuntanza do Subcomité clínico, que tamén acordou incorporar os concellos de Cee, Dumbría, Muxía, Ribadumia, Meis e Meaño aos municipios con restricións especiais

26/11/20 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promociona novos talentos no ámbito da moda e do deseño de xoias a través do programa Xuventude Crea

En Moda o primeiro premio foi para Ana María Vázquez Fernández, de Cambre, coa obra ‘Hand(some)’

26/11/20 | 16:08 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Feijóo anuncia que Galicia fará cribados semanais das residencias sociosanitarias

Subliña que esta medida é un dos obxectivos da adquisición de 3 millóns de tests de antíxenos anunciada onte no Parlamento

25/11/20 | 18:44 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia un plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar para atender a 6.000 persoas máis que agora

Destacou que na actualidade 24.000 galegas e galegos se benefician do SAF e que Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de atención a través deste servizo

25/11/20 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade
24/11/20 | 15:37 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social súmase á nova campaña de Nadal de Fegerec de apoio ás persoas que padecen enfermidades raras

O obxectivo é concienciar á sociedade sobre estas doenzas e recadar fondos para o programa asistencial sociosanitario da federación coa venda en farmacias e comercios de ‘bastóns máxicos’, doces de caramelo sen glute nin lactosa

24/11/20 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García tende a man para lograr aprobar por unanimidade a Lei de impulso demográfico

Apunta que entre a súa fase de anteproxecto e a proposta elevada ao Pleno da Cámara cambiou o 44% do articulado do texto

23/11/20 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta que a Xunta contará en 2021 con máis de 125 millóns de euros para loitar contra a exclusión social, a maior cifra da historia da autonomía

Destaca a blindaxe do orzamento da Risga, con 64,4 millóns, a pesar da entrada en vigor do ingreso mínimo vital; e o incremento do 35% do orzamento das axudas de inclusión social

21/11/20 | 19:05 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social recoñece o talento na cociña de mozas e mozos galegos a través do programa Xuventude Crea 2020

O primeiro premio foi para Shewit Pérez Izaguirre Martínez, o segundo para Andrea Maseda Prado e Miguel Morán, e o terceiro para Javier Lojo

21/11/20 | 15:45 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala Ourense como a cidade galega que recibirá o maior investimento para obras de servizos sociais en 2021

Destaca o aumento récord na historia de Galicia destinado a investimento social que ascende a 8.540 millóns de euros, 864 millóns máis ca en 2020