Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

03/12/20 | 18:20 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta o incremento en 2021 dos fondos para atención á discapacidade con 126 M€ para consolidar a Galicia das oportunidades

Precisa que esta achega permitirá a creación de oito novas unidades de atención temperá, ata chegar a un total de 35; e a posta en marcha do concerto social para os centros de atención á discapacidade

03/12/20 | 15:38 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a posta en marcha de equipos de intervención rápida para actuar coa máxima celeridade e atallar o avance do virus nunha residencia intervida

Explica que haberá un equipo por cada provincia, que estará conformado por un mínimo de 10 auxiliares de enfermería

02/12/20 | 15:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá na provincia de Ourense 3,4 millóns de euros en axudas a entidades de inclusión social

Unha trintena de organizacións da provincia se beneficiarán desta orde de axudas, a máis grande da historia

02/12/20 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recalca a necesidade de que a futura Estratexia nacional do reto demográfico conte co investimento suficiente

Expuxo os avances de Galicia neste ámbito con medidas como as casas niño e casas do maior no rural, a tarxeta benvida, a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos ou a Lei de impulso demográfico

01/12/20 | 12:16 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a "axilidade e a ambición" dos orzamentos de Política Social para 2021, que con 894,4 M€ supoñen o maior investimento da historia

Esta contía representa un aumento do 15,3% con respecto ás contas do presente exercicio e un 90% máis cas do ano 2009

30/11/20 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social inicia esta semana unha campaña a pé de rúa para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado

Baixo o lema ‘O voluntariado non para’, unha furgoneta-plató móbil percorrerá a partir do vindeiro venres as sete cidades galegas para facer entrevistas a persoas voluntarias e achegar información sobre os programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

29/11/20 | 12:25 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social premia o talento das mozas e mozos que participaron na categoría de videocreación de Xuventude Crea

O primeiro premio foi para Carlota Álvarez, do Porriño, pola obra ‘Zafirada’; o segundo, para ‘Raíces’ de Luis Xavier do Rego, de Santiago; e o terceiro compárteno os coruñeses Hugo Vales con ‘O fin dos nosos días’ e Andrés Sanjurjo con ‘Sen título’.

28/11/20 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social galardoa o enxeño e a destreza literaria das mozas e mozos galegos nas disciplinas de banda deseñada, poesía e novela curta do Xuventude Crea

En Banda Deseñada o primeiro premio foi para a o cambadés Miguel Pérez Ramudo pola obra ‘Joaquín Vaamonde, unha promesa truncada da Xeración Doente (1871-1900)’

28/11/20 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia amplía o programa Xantar na Casa no Concello de Ferrol

Incrementarase en 30 o número de beneficiarios no municipio, acadando un total de 45

27/11/20 | 16:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta realizará en colaboración coa cátedra de epidemioloxía da Universidade de Santiago de Compostela un estudo sobre o comportamento da covid nas residencias

O obxectivo principal desta análise é continuar a mellorar a atención aos usuarios e para que os centros estean máis preparados ante calquera incidencia