Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2031 novas da C. de Política Social e Igualdade:

21/12/20 | 19:22 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social incentiva o comercio local da comarca de Deza cunha campaña de promoción do Carné Xove

En colaboración coa Asociación de Empresarios de Deza (AED), repartiranse ata 200 vales de 15 euros cada un aos usuarios do Carné Xove da zona, co obxectivo de que o empreguen nos establecementos de proximidade

21/12/20 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asegura que o novo modelo de residencias será participativo, consensuado e integrador

Contará coas achegas do persoal médico e de enfermería, dos directores e traballadores non sociosanitarios, dos académicos e investigadores, dos arquitectos e dos familiares de usuarios

19/12/20 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima ás mozas e mozos a participar no Xuventude Crea para descubrir os novos talentos de Galicia

En total repartíronse 51 premios e 12 mencións de honra nas diferentes disciplinas

18/12/20 | 18:09 | C. de Política Social e Igualdade

A primeira edición dos Premios Galicia de Acción Voluntaria homenaxea o traballo das persoas voluntarias durante a pandemia

Na categoría individual foi premiada Sofía Prol Rodríguez, a ONG Mestura recibiu o galardón á mellor entidade de acción voluntaria, e a Fundación Juan Soñador, o de mellor proxecto

18/12/20 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avoga polo traballo conxunto coas entidades sociais para mellorar a integración da poboación inmigrante

Destínanse preto de 500.000 euros a financiar os programas formativos que desenvolven Diversidades e Acción Laboral na cidade olívica

18/12/20 | 00:01 | C. de Política Social e Igualdade
17/12/20 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta fai entrega dos alimentos non perecedoiros ao Banco de Alimentos

Gabriel Alén fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira, en colaboración con 40 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá

17/12/20 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destinará para o próximo ano 400 M€ a atención ás persoas dependentes

Galicia, cun 92,17%, é unha das catro comunidades con mellor ratio de atención, e atende na actualidade a máis de 62.000 persoas

17/12/20 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia leva o programa Xantar na Casa ao Concello de Nigrán

O programa atende a máis de 1.600 persoas en toda Galicia, dos cales máis de 220 pertencen á área de Vigo e unha decena ao municipio nigranés