Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O certame 'Lingua de namorar' da Xunta actualízase con novidades en Instagram na súa décima edición
O concurso de declaracións de amor en galego na rede no que pode participar a mocidade dos 14 aos 35 anos incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva para a rede social
A Xunta instala un ascensor exterior na residencia de maiores Torrente Ballester da Coruña para mellorar a súa accesibilidade
O Goberno galego destina preto de 50.000 euros a esta actuación, que permite salvar a pronunciada pendente da rúa que une o edificio co paseo marítimo
A Xunta incrementou máis de 130.000 horas anuais de SAF en 12 concellos da comarca de Ferrolterra, nos que atenden a 922 persoas
Gonzalo Trenor participou nun encontro de traballo co alcalde de Mugardos, Domingo Deus
A Xunta salienta o respaldo que a Lei de impulso demográfico supón para o retorno como piar da atracción de nova poboación a Galicia
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, valoraron positivamente a efectividade das medidas da Estratexia Retorna orientadas á integración das familias galegas que regresan á comunidade
A Xunta resalta o labor realizado polos profesionais dos centros de menores galegos durante a pandemia sanitaria provocada pola covid-19
Traslada o seu agradecemento a todos os traballadores, cuxo esforzo é fundamental para o benestar e desenvolvemento de todos os menores aos que protexen, educan, escoitan e dan cariño
A Xunta incrementou case 20.000 horas anuais de SAF en 7 concellos da comarca do Barbanza nos que atenden a 382 persoas
Gonzalo Trenor participou nunha videoconferencia coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo
A Xunta renova os apartamentos tutelados de Antas de Ulla para a creación dunha residencia de 58 prazas
Esta actuación, que a Consellería de Política Social licitará nos vindeiros días, suporá un investimento de 1,8 millóns de euros
As escolas infantís da Xunta incorporan 300 novas nenas e nenos ás aulas no período de matriculación extraordinario
Esta cifra supón un incremento do 13% con respecto ás pequenas e pequenos que se inscribiron no mesmo proceso extraordinario do curso pasado
A Xunta de Galicia e a Fundación "la Caixa" poñen en marcha obradoiros en liña gratuítos para as persoas maiores
Fabiola García subliña o valor das novas tecnoloxías na situación actual de pandemia para dar aos maiores a oportunidade de seguir aprendendo, manterse activos e relacionarse
Parlamento Xove arranca a súa 12ª edición en versión en liña cunha participación de máis de 200 mozas e mozos galegos
A iniciativa conta coa inscrición de 53 equipos nas categorías de ESO, Bacharelato e Universidade